Competicións xuño 2021

Este mes de xuño temos competicións en Pontevedra (Trofeo Cidade o dia 2), un Campionato Sub23 en O Barco de Valdeorras, probas en Braga (Portugal) e continúan as Series Municipais de Vigo entre outras. E o día 12 por fin retornan as carreiras populares coa Nocturna de Nigrán H2K. Coma sempre tedes máis información e fotos no Facebook do Club. A continuación vai o resumo de competicións e resultados:

 


Máis competicións en maio e xuño 2021

As vindeiras semanas traen citas atléticas o sábado 15 de maio en Vigo (Control de Marcas da AVA), Ourense (Trofeo La Purísima en Pereiro de Aguiar) e Guimaraes (Campeonato de Infantis e Juvenis). O mércores 19 será o Trofeo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. E a finais de mes e comezo de xuño teremos as Series Municipais de Vigo o 30, 13 e 27 (as 3 primeiras xornadas, o resto quedan para novembro). Coma sempre tedes máis información e fotos no Facebook do Club. A continuación vai o resumo de competicións e resultados:


Novo convenio con Garabullo Saúde Activa 2021

O Centro Garabullo Saúde Activa de Gondomar actualiza o convenio co noso club con novos servizos e descontos:

 


Competicións maio 2021

Este mes de maio hai competicións o día 2 en Noia, o 8 Ourense acolle o Thermal Athletics Meeting, o mesmo fin de semana do 8-9 tamén hai un Control en Pista en Pontevedra e outro control en Vigo organizado pola AVA. E tamén hai competición en Maia (Portugal). Máis información e resultados: 

Nestas competicións participaron moit@s atletas do club, especialmente das categorías de menores. Podedes atopar unha crónica máis detallada e fotos no facebook do club. Parabéns para tod@s!


Máis competicións en abril 2021

Nas vindeiras semanas deste mes de abril están previstos o Trofeo Club Ourense Atletismo o sábado 10, o Campionato de Galicia de Clubs en O Barco o día 17 e o Campionato de Galicia 10000m Memorial Alejandro Gómez o dia 24. Aí vai a información e resultados:

 

 

 

 

 

 


Novas semana 3-4 abril 2021

Esta Semana Santa 2021 a actividade competitiva redúcese a un Encontro en Pontevedra organizado polo Club Atletismo Redondela e o Atletismo Rías Baixas. Será o domingo 4 pola mañá. Máis información:

Neste encontro participaron Liam, Eloy, Hugo e Ana en 50m-Sub10, Alexandra, Isis e Mateo en 1000m-Sub14, Sergio en altura, Ainhoa en 60m, Uxía e Lucía en 60m-Sub12. Parabéns!


Novas fin de marzo 2021

Estas últimas semanas de marzo continúa a tempada de pista con varias competicións en Ourense e Pontevedra para todas as categorías. En Ourense estiveron Belén (ouro en 50m Sub10); Ana, Marta, Eloy, Liam e Hugo tamén en 50m Sub10, Uxía, Gabriela, Noa e Lucía Fernández en 60m Sub12,  Lucía García, Julia, Mateo e Fernando en 60m-Sub14, e Sergio Gil en salto de altura. No Campionato de Fondo en Pontevedra estiveron Anxo, Shewaferaw e Juan en 3000m, sen esquecer a Elena que foi prata tamén en 3000m co Celta Atletismo.

O 28 en Pontevedra estiveron Belén Silva (bronce en 500m Sub10), Marta, Ana tamén en 500m, Gabriela e Uxía en 500m Sub12, Bisrat e Julián en 500m Sub12, Hugo e Eloy en 500m Sub10, Sergio en 500m Sub14, Brais en 1000m Sub12. No Control de Inverno participaron Ruth Celada (bronce en altura) Shewaferaw. Parabéns para tod@s!

Aquí está toda a información:


Ainhoa Repáraz Campioa de España Sub18 – Barcelona 2021

Este fin de semana Barcelona acolle os Campionatos de España Sub18 no Palau Sant Jordi de Montjuich, antiga sede das Olimpiadas de 1992. Este lugar que xa figura na Historia do Deporte segue a inspirar aos atletas para superar os seus límites, como fixo onte Ainhoa proclamándose Campioa de España Sub18 en 200m. Parabéns para ela, a súa familia e o seu adestrador Óscar, que a acompañan día a día na que promete ser unha longa historia de éxitos!

(máis…)


Novas semana 13-14 marzo 2021

Esta semana a competición chega forte con citas en Ourense (Campionatos de Galicia Sub16 e Absoluto), Vigo (Control do Celta Atletismo) e Barcelona (Campeonato Sub18). Este é o resumo e resultados:

 

 


Novas semana 6-7 marzo 2021

Esta semana a competición volve a Vigo co Trofeo da AVA (Asociación Viguesa de Atletismo). Será o domingo 7 nas pistas de Balaídos en xornada de mañá. O mesmo día en Ourense será o Trofeo +Deporte-La Región na Pista Cuberta de ExpoOurense. Máis información:

No Trofeo AVA estiveron Julia en 60m Sub14, Uxía e Xiana en 60m Sub12, Belén (1ª), Ana e Marta en 50m Sub10, Mateo Millán e Sergio Gil en 50m Sub14, Xaime en 60m Sub12 , en Sub10 participaron Eloy, Álex, Liam e Hugo (50m), en Sub8 Manuel (3º), Unai e Mateo Costas (50m). Parabéns para tod@s!