Máis competicións en maio e xuño 2021

11 Maio, 2021 Posted by savalminor

As vindeiras semanas traen citas atléticas o sábado 15 de maio en Vigo (Control de Marcas da AVA), Ourense (Trofeo La Purísima en Pereiro de Aguiar) e Guimaraes (Campeonato de Infantis e Juvenis). O mércores 19 será o Trofeo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. E a finais de mes e comezo de xuño teremos as Series Municipais de Vigo o 30, 13 e 27 (as 3 primeiras xornadas, o resto quedan para novembro). Coma sempre tedes máis información e fotos no Facebook do Club. A continuación vai o resumo de competicións e resultados:

Comments are closed.