Category: ‘Socios’

Actividade física no estado de alarma – maio 2020

1 Maio, 2020 Posted by savalminor

A partir do dia 2 de maio (e mentres dure o estado de alarma) estará permitida a actividade física indvidual e os paseos, para maiores de 14 anos, unha soa vez ó día e nas franxas horarias de 6-10h e 20-23h. Os paseos poderán realizarse ata 1km do domicilio e as actividades deportivas só teñen como límite o concello de residencia. Non poderá utilizarse un vehículo para desprazarse ata o punto donde se realice a actividade, polo que ten que ser en bici ou a pé. A actividade deberá ser continua ou coas mínimas paradas imprescindibles.

Como en toda normativa hai aspectos pouco claros ou discutibles (cal é a o límite entre deporte e paseo para unha persoa maior que non pode correr ou andar en bici? por qué en municipios de menos de 5000 habitantes non hai horarios, cando en Galicia a poboación é dispersa tanto en concellos grandes como pequenos?). Pero aproveitemos esta oportunidade para ir volvendo pouco a pouco á vida normal, iso sí, con sentidiño!

Licenza dixital FGA 2020

30 Abril, 2020 Posted by savalminor

Unha das próximas medidas que se adoptarán no proceso de volta á normalidade “post-pandemia” será a autorización de actividades deportivas controladas, tanto para deportistas federados como os que non están. Para facilitar a identificación dos atletas federados, a FGA acaba de solicitar á RFEA a emisión de licenzas dixitais para esta tempada. Segundo informa a federación éstas chegarán en próximas datas ós atletas que teñan proporcionado os datos precisos (sobre todo foto e correo electrónico). Máis información:

Contra o confinamento… movemento!

23 Marzo, 2020 Posted by savalminor

Estes días case todo o mundo está preocupado e nervioso pola pandemia de coronavirus, e un dos mellores remedios é manterse activos inda que sexa dentro de casa. Agora máis que nunca o deporte é sinónimo de saúde. Ai van uns cantos artigos e vídeos que nos manda Óscar. E outro artigo sobre cómo se vive o confinamento nos confíns de Gondomar. Tamén os atletas de RunGalicia ofrecen unha colección de vídeos diarios de adestramento para facer en casa, cada día un novo con conexión en directo desde facebook. E o noso colaborador de Fisioterapia Garabullo comunica que segue á nosa disposición (tomando as debidas precaucións). Cuidádevos moito e vémonos pronto!

(30-marzo) Desde o club pedimos que enviedes imaxes dos vosos adestramentos en casa para poñer nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram). A continuación van os primeiros exemplos. Animádevos e participade!

(máis…)

Xa estamos na Arribada 2020

25 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Xa falta pouco tempo para que empece a Arribada 2020. Estes dias estamos a montar o posto para que todo estea a punto, podedes ir vendo os progresos no facebook do club:

En el día de hoy volvimos a estar en la arribada y ya con caras de cansancio volvimos a dar lo máximo y el tiempo nos…

Publiée par S. Atlética VAL MIÑOR sur Dimanche 1 mars 2020

(máis…)

25ª Festa da Arribada – Baiona 2020

19 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Este ano a FESTA da ARRIBADA de BAIONA celébrase os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo (sí, este ano é bisiesto!).

Como todos os anos A Sociedade Atlética Val Miñor vai poñer un posto de comida na Festa da Arribada de Baiona. Como sabedes este evento é fundamental para poder facerlle fronte aos gastos do Club. Pra informar dos detalles convócase unha REUNIÓN INFORMATIVA o martes 18 de febreiro ás 1830h no Ximnasio do Club. Pregamos asistencia, especialmente os novos socios.

Grazas a todos pola vosa colaboración,

S. A. VALMIÑOR

 

RESUMO DA REUNIÓN INFORMATIVA (18 FEB): (máis…)

Nova equipación oficial do club 2020

10 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Esta tempada 2020 o club estrea nova equipación, que se pode solicitar en dúas modalidades: Propiedade e Banco de Roupa. A continuación tedes a explicación completa, coa ficha de solicitude, prezos e descrición detallada:

(máis…)

CardioBaiona novo colaborador do club

6 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

A Consulta de Cardioloxía CardioBaiona ofrece ós socios do club prezos especiais nun conxunto de probas diagnósticas para a valoración de deportistas que poden realizarse antes do inicio dos adestramentos ou durante a tempada de competicións. Estas probas (electrocardiograma, ecocardiograma, probas de esforzo…) están pensadas para a detección precoz de problemas que poden producir eventos desagradables durante a actividade deportiva. Aquí tedes a oferta para socios e a continuación van os seus datos:

(máis…)

Presentación da nova equipación do club para a tempada 2020

4 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

O vindeiro sábado 8 de febreiro ás 12h haberá unha reunión extraordinaria na sala de usos múltiples do Centro Neural de Gondomar (Policía Local) para presentar a nova equipación do club e explicar as novas condicións de uso. É importante a asistencia do maior número de socios posible. Pregamos puntualidade para poder tratar todos os temas e aclarar as dúbidas que xurdan. Grazas a todos,

A Directiva da S. A. Val Miñor

 

MyFitBody novo colaborador do club

1 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

A tenda online de alimentación deportiva MyFitBody ofrece ós socios do club un desconto nos seus produtos do 5% (indicando o código VALMIR2020) que se engade ó desconto xeral do 10% aplicado por rexistrarse na súa web. Gastos de envío gratuitos para España peninsular a partir de 25€ de compra. Estes son os seus datos:

(máis…)

Información sobre os seguros deportivos 2020

3 Xaneiro, 2020 Posted by savalminor

Achegamos información actualizada para a tempada 2020 sobre os seguros deportivos ós que poden ter dereito os atletas federados ou incluídos no programa Xogade (para rapac@s de 6 ata 16 anos). Tede en conta que a información máis actualizada estará sempre nas páxinas que indicamos a continuación, xa que as pólizas e compañías poden variar. Para o ano 2020 a compañía aseguradora da federación é Mapfre (tel. 918 366 224).

En caso de accidente é mellor dirixirse á directiva do club para coñecer os pasos a seguir, no caso da FGA o club dispón de partes de accidentes que hai que entregar nun prazo de 7 días para ter dereito á cobertura. No caso de Xogade hai que ter a man o carnet, precisaremos o identificador do atleta e na parte posterior está o resumo de pasos a seguir.

NOTA: se non temos a man o carnet Xogade, o identificador do atleta son as iniciais seguido da data de nacemento. Por exemplo, para o nome Xoán García Pérez con data 01/02/2003 sería XGP010203

Outras probas (especialmente as carreiras populares) teñen os seus propios procedementos de seguro polo que hai que consultar coa organización en cada caso. (máis…)