Category: ‘Resultados’

Máis competicións en abril 2021

9 Abril, 2021 Posted by savalminor

Nas vindeiras semanas deste mes de abril están previstos o Trofeo Club Ourense Atletismo o sábado 10, o Campionato de Galicia de Clubs en O Barco o día 17 e o Campionato de Galicia 10000m Memorial Alejandro Gómez o dia 24. Aí vai a información e resultados:

 

 

 

 

 

 

Novas semana 3-4 abril 2021

29 Marzo, 2021 Posted by savalminor

Esta Semana Santa 2021 a actividade competitiva redúcese a un Encontro en Pontevedra organizado polo Club Atletismo Redondela e o Atletismo Rías Baixas. Será o domingo 4 pola mañá. Máis información:

Neste encontro participaron Liam, Eloy, Hugo e Ana en 50m-Sub10, Alexandra, Isis e Mateo en 1000m-Sub14, Sergio en altura, Ainhoa en 60m, Uxía e Lucía en 60m-Sub12. Parabéns!

Novas fin de marzo 2021

16 Marzo, 2021 Posted by savalminor

Estas últimas semanas de marzo continúa a tempada de pista con varias competicións en Ourense e Pontevedra para todas as categorías. En Ourense estiveron Belén (ouro en 50m Sub10); Ana, Marta, Eloy, Liam e Hugo tamén en 50m Sub10, Uxía, Gabriela, Noa e Lucía Fernández en 60m Sub12,  Lucía García, Julia, Mateo e Fernando en 60m-Sub14, e Sergio Gil en salto de altura. No Campionato de Fondo en Pontevedra estiveron Anxo, Shewaferaw e Juan en 3000m, sen esquecer a Elena que foi prata tamén en 3000m co Celta Atletismo.

O 28 en Pontevedra estiveron Belén Silva (bronce en 500m Sub10), Marta, Ana tamén en 500m, Gabriela e Uxía en 500m Sub12, Bisrat e Julián en 500m Sub12, Hugo e Eloy en 500m Sub10, Sergio en 500m Sub14, Brais en 1000m Sub12. No Control de Inverno participaron Ruth Celada (bronce en altura) Shewaferaw. Parabéns para tod@s!

Aquí está toda a información:

Novas semana 13-14 marzo 2021

12 Marzo, 2021 Posted by savalminor

Esta semana a competición chega forte con citas en Ourense (Campionatos de Galicia Sub16 e Absoluto), Vigo (Control do Celta Atletismo) e Barcelona (Campeonato Sub18). Este é o resumo e resultados:

 

 

Novas semana 6-7 marzo 2021

3 Marzo, 2021 Posted by savalminor

Esta semana a competición volve a Vigo co Trofeo da AVA (Asociación Viguesa de Atletismo). Será o domingo 7 nas pistas de Balaídos en xornada de mañá. O mesmo día en Ourense será o Trofeo +Deporte-La Región na Pista Cuberta de ExpoOurense. Máis información:

No Trofeo AVA estiveron Julia en 60m Sub14, Uxía e Xiana en 60m Sub12, Belén (1ª), Ana e Marta en 50m Sub10, Mateo Millán e Sergio Gil en 50m Sub14, Xaime en 60m Sub12 , en Sub10 participaron Eloy, Álex, Liam e Hugo (50m), en Sub8 Manuel (3º), Unai e Mateo Costas (50m). Parabéns para tod@s!

Novas semana 27-28 febreiro 2021

28 Febreiro, 2021 Posted by savalminor

Esta última semana de febreiro o atletismo galego acelera con nada menos que oito competicións entre sábado e domingo, 5 Campionatos de Galicia en pista (entre Ourense e Pontevedra), dous Controis de Inverno e a Copa Deputación en Lugo. Os atletas do club acudiron a varias delas. En Pontevedra estiveron Bisrat (4º en 500m), Sergio Gil (500m e altura) e Liam en 500m, Brais, Iván e Adrián en 1000m, Sofía en 400m, Gabriela en 500m, Belén Silva (prata en 500m), Julia en 500m, Nadia en 800m e Lucía en 1000m.  Polos maiores estiveron Álex Román (prata en 800m), Marina (prata en 400m), Ricardo en 400m, Anxo, Shewaferaw e Juan en 1500m. En Ourense estivo Ainhoa con doble victoria en 60 e 200m, acadando ademáis unha nova marca galega en 60 con 7,75 e outra en 200 con 25,18s. Na mesma proba tamén estivo Jesús en lanzamento de peso. Parabéns para tod@s!

A continuación van os resultados completos: 

(máis…)

Novas semana 20-21 febreiro 2021

21 Febreiro, 2021 Posted by savalminor

Esta semana volve a actividade deportiva despóis dun novo parón obrigado polo empeoramento da situación sanitaria. O sábado 20 houbo unha primeira cita en Ourense co 2º Control de Inverno en Pista Cuberta e o domingo 21 outro control en Pontevedra, esta vez ao aire libre. En Ourense estivo Ainhoa nas probas de 60m e 200m, acadando dúas pratas e récord galego sub18 en 200m. En Pontevedra estiveron Nayr (bronce en lonxitude), Nadia en 1500m, Ricardo en 400m, Anxo, Juan e Shewaferaw en 3000m. Parabéns para tod@s!

Aí vai a información e resultados:

Novas semana 23-24 xaneiro 2021

20 Xaneiro, 2021 Posted by savalminor

Esta semana a actividade deportiva (federada ou non) queda suspendida para frear o crecemento de contaxios por coronavirus. Estaban previstas tres competicións en A Coruña, Pontevedra e Ourense pero terán que agardar a que melloren as condicións. As medidas tamén afectan aos adestramentos, que terán que respectar os peches de concellos e facerse individualmente ou en grupos de 4 persoas como máximo. A directiva e adestradores informarán a cada grupo das medidas concretas e o momento en que poderá retomarse a actividade. Namentres, coidádevos!

Novas semana 16-17 xaneiro 2021

10 Xaneiro, 2021 Posted by savalminor

O terceiro fin de semana de 2021 hai dous controis federados en Noia e Ourense. Máis información:

(16-xan) No Control de Inverno estiveron Ainhoa (ouro en 60 e 200m), Jesús (bronce en peso), Nayr, María, Uxia e Patricia en 60m, Sofía e Marina en 200m, e Nayr e Patricia participaron tamén en lonxitude e peso. Parabéns para tod@s!

Primeiras competicións de 2021

2 Xaneiro, 2021 Posted by savalminor

O novo ano comeza a ritmo lento con dúas citas de pista o domingo 3 en Ourense (o Control organizado pola Gimnástica de Pontevedra e o Club Atletismo Sada) e o martes 5 en Pontevedra (o tradicional Torneo de Reis). Aquí podedes consultar a información:

(3-xan) No Control de Ourense Ainhoa foi ouro en 60m e nova mellor marca galega con 7,78 s, ademáis de acadar outro ouro en 200m. Nas mesmas probas estivo tamén Marina, parabéns para el@s!

(5-xan) No Torneo de Reis Nayr foi ouro en lonxitude, Gabriela prata en 60m e Uxía bronce en 60m valos. En 200m Ricardo foi 7º e Nadia 6ª, e Alexandra foi 13ª en 1000m. Parabéns para tod@s! (máis…)