Category: ‘Inicio’

Competicións fin de tempada 2021

15 Outubro, 2021 Posted by savalminor

Achégase o outono e as actividades recuperan o horario habitual, tamén os adestramentos que volven ser pola tarde. Este ano seguimos con máscaras e medidas de protección, non hai que baixar a garda que o virus segue por aí inda que haxa moitas persoas que xa están vacinadas. De momento o calendario de competicións segue bastante baleiro pero agardamos que vaia collendo ritmo pouco a pouco. Unha boa nova é o retorno do público ás competicións que se botaba moito en falta. En outubro celébrase o Campeonato de España de Federacións autonómicas Sub16 no que participan Nayr Cortegoso (lonxitude, 4×100) e Manuela González (altura). Boa sorte para elas!. Este é o resumo:

 

(máis…)

Media Maratón de Vigo 2021

14 Outubro, 2021 Posted by savalminor

Outra competición que volve á normalidade é a Media Maratón de Vigo, despóis de celebrar a última edición de xeito virtual. Será o 7 de novembro con saída na Praia do Vao. Nesta ocasión a modalidade 10K leva o nome de Alejandro Gómez como homenaxe ao grande atleta que nos deixou hai uns meses. Por se alguén se anima, todavía estades a tempo de facer a inscrición. Máis información e resultados:

Gala Baiona co Deporte 2021

3 Outubro, 2021 Posted by savalminor

Este sábado 2 de outubro Baiona celebrou o Acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2020/21 no que se entregaron premios aos deportistas locais máis destacados “auténtico exemplo de superación e orgullo para os baioneses e baionesas” en palabras do alcalde Carlos Gómez. Un dos premios foi para Ainhoa Repáraz, que nesta ocasión non gañóu ningunha carreira pero sí o recoñecemento dos seus conveciños que tamén resulta agradable. Parabéns para ela!

Nesta celebración tamén se entregaron os premios das competicións locais como o Triatlón ou a Carreira Pedestre Popular entre outras, organizadas nesta ocasión de xeito individual e coordenadas a través da páxina baionacodeporte.gal. Quedámonos coas palabras do responsable de deportes Javier López (parabéns pola impecable e innovadora organización destes eventos), destacando que “nesta ocasión tiveron oportunidade de subir ao podio deportistas que normalmente non o lograrían” e “esta cita non tivo nada de virtual, porque todos os participantes fixeron os percorridos, só que puideron escoller a data e hora”. Pois iso, parabéns para @s premiad@s e benvidos a un novo xeito de facer deporte para tod@s!

Inscrición Socios 2021

17 Setembro, 2021 Posted by savalminor

Axuntamos a continuación a ficha de datos de socios para a nova tempada. Pregamos cubrir correctamente todos os datos e indicar @s atletas que estarán federad@s. Grazas a todos!

  • Os socios que se incorporen ao longo de setembro de 2021 entregarán a ficha de inscripción con todos os datos cubertos e o importe da cota trimestral correspondente aos meses de outubro a decembro. 
  • Importe da cota trimestral: 40 euros (entregados en man).

Ficha de socios tempada 2021-22

 

Horarios de adestramento 2021-2022

17 Setembro, 2021 Posted by savalminor

Horarios de adestramento 2021-2022

Os cambios puntuais nos horarios e lugar de adestramento comunicaránse mediante os grupos de mensaxería, para iso todos os socios deberán comunicar un número de teléfono móbil na ficha de inscrición ou directamente ós adestradores.

IMPORTANTE: Todos os atletas deberán respectar a normativa sanitaria para evitar contaxios. Grazas a tod@s!

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS SUPERIORES (DE SUB14 A VETERÁNS):

  • Adestrador: Óscar Fernández Villar
  • Sub14: Martes, xoves e venres de 17:45 a 19:15 h.
  • Sub16 e Maiores: Martes, xoves e venres de 19:00 a 20:30h
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar).
  • Tamén haberá adestramentos outros días e os fins de semana segundo criterio do adestrador.

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS INFERIORES (DE PREBENXAMÍN A SUB12):

  • Este grupo inclúe de momento @s atletas que pasan a Sub14 en xaneiro (12 anos en 2022)
  • Adestrador: Brais Gómez Vilar
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 18:00 a 19:30h
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar)

_______________________________________________________________________

Resultados Nigrán Area 2021

7 Agosto, 2021 Posted by savalminor

Este ano a Nigrán Area brilla como nunca nun calendario deserto de competicións. A carreira cumple por fin o seu décimo aniversario con retraso pola cancelación do ano pasado. O reto que supuña esta edición obligaba a un esforzo extraordinario pero organización e voluntari@s foron quen de superalo. Saídas escalonadas, agrupamentos, máscaras, valados e protocolos para que todo fora ben e con seguridade. O tempo fixo a súa parte con temperaturas suaves e ceo anubado cunhas pingas para refrescar o ambiente.

Nesta ocasión fíxose primeiro a carreira absoluta para aproveitar as horas de menor ocupación da praia. Foron vencedores Carlos Enrique Gutiérrez (Rungalicia-Intersport) e Ana Marinho (Atletismo Braga). Os primeiros clasificados do club foron Íñigo Millán e Martín Valverde, sen esquecer a Antón García, o atleta máis veterano da competición.

Nas categorías de menores en Sub16 foron vencedores Lucas García e Carmen Carrera, en Sub14 Elías Paradelo e Marta Pereira-Borrajo, en Sub12 Xoel Franco e Lucía Ageitos, en Sub10 Fabián López e Lena Currás e en Sub8 Carla Docampo (S. A. Val Miñor) e Lucas Ageitos. 

Parabéns para atletas, voluntari@s e tamén ós patrocinadores que fixeron posible este evento (Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, Gadis e Froiz co avituallamento, Farmacia Abizanda co material sanitario) e agardamos vernos o ano que ven. Aí vai a información, resultados e iremos engadindo noticias e fotos:

(máis…)

Información Participantes na 10ª Nigrán Area 2021

6 Agosto, 2021 Posted by savalminor

Xa podedes consultar o número de dorsal e a hora de saída na páxina de Carreiras Galegas ou nas ligazóns que figuran a continuación. Tamén se pode ver o plano de circulación e ordenación de espazos da carreira. A recollida de dorsais debe preferiblemente o venres 6 de agosto pola tarde de 5 a 8 no Pavillón de Deportes Xurxo Otero de Panxón, inda que os participantes que veñen de lonxe poderán recollelo o mesmo dia 30 minutos antes da carreira.

IMPORTANTE: Lembrade que para recoller o dorsal hai que levar cuberta e asinada a Declaración Responsable e ler coidadosamente toda a información. Nas listaxes de inscricións tamén aparece o horario de saída para cada persoa partipante, que deberá presentarse obligatoriamente con máscara.

RECOLLIDA DORSAIS

INFORMACIÓN PARA A CARREIRA

(máis…)

10ª Nigrán Area 2021

1 Agosto, 2021 Posted by savalminor

A Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellería de Deportes do Concello de Nigrán organizan o sábado 7 de agosto de 2021 a 10ª Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Un gran de area na forxa olímpica

1 Agosto, 2021 Posted by savalminor

Estes días moitos estaredes seguindo as competicións de atletismo nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, especialmente aos participantes galegos como Ana Peleteiro (que ven de acadar un bronce en triplo salto) ou Adrián Ben en 800m. Pero botando a vista atrás atopamos os resultados da Nigrán Area celebrada o 16 de agosto de 2015, onde o vencedor absoluto resulta ser un novísimo Adrián Ben Montenegro! Un gran de area nunha traxectoria de éxito. Ah, moita sorte na final do mércores e feliz aniversario…

Competicións segundo semestre 2021

4 Xullo, 2021 Posted by savalminor

Nesta lista aparecen en orde descendente as competicións do segundo semestre de 2021: