Lista de competicións do primeiro semestre de 2022:
- 8-xaneiro: 3º Control Pista Cuberta SGP-Sada en Ourense
- 5-xaneiro: 4º Torneo de Reis en Pontevedra
Lista de competicións do primeiro semestre de 2022:
Achégase o outono e as actividades recuperan o horario habitual, tamén os adestramentos que volven ser pola tarde. Este ano seguimos con máscaras e medidas de protección, non hai que baixar a garda que o virus segue por aí inda que haxa moitas persoas que xa están vacinadas. De momento o calendario de competicións segue bastante baleiro pero agardamos que vaia collendo ritmo pouco a pouco. Unha boa nova é o retorno do público ás competicións que se botaba moito en falta. En outubro celébrase o Campeonato de España de Federacións autonómicas Sub16 no que participan Nayr Cortegoso (lonxitude, 4×100) e Manuela González (altura). Boa sorte para elas!. Xa en novembro temos as Series Municipais de Vigo, Campionatos de Galicia de Campo a Través e o Cross de Atapuerca. E en decembro hai cros, segue a tempada de pista e algunha carreira de fin de ano. Este é o resumo:
A semana do 20 ao 27 de novembro (ambos incluídos) celébrase a 9ª Carreira Solidaria “Eu móvome” organizada por Avempo (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple). A Asociación leva 25 anos proporcionando servizos como fisioterapia, logopedia e talleres ocupacionais. Este evento sérvelles para recadar fondos e a última edición xa tivera que organizarse de xeito virtual. Tedes diferentes opcións: andaina ou carreira, 5K ou 10K e bici ou vehículo adaptado. Tamén hai un dorsal 0 para os que queiran colaborar. Animádevos a participar!
Outra competición que volve á normalidade é a Media Maratón de Vigo, despóis de celebrar a última edición de xeito virtual. Será o 7 de novembro con saída na Praia do Vao. Nesta ocasión a modalidade 10K leva o nome de Alejandro Gómez como homenaxe ao grande atleta que nos deixou hai uns meses. Por se alguén se anima, todavía estades a tempo de facer a inscrición. Máis información e resultados:
Este ano a Nigrán Area brilla como nunca nun calendario deserto de competicións. A carreira cumple por fin o seu décimo aniversario con retraso pola cancelación do ano pasado. O reto que supuña esta edición obligaba a un esforzo extraordinario pero organización e voluntari@s foron quen de superalo. Saídas escalonadas, agrupamentos, máscaras, valados e protocolos para que todo fora ben e con seguridade. O tempo fixo a súa parte con temperaturas suaves e ceo anubado cunhas pingas para refrescar o ambiente.
Nesta ocasión fíxose primeiro a carreira absoluta para aproveitar as horas de menor ocupación da praia. Foron vencedores Carlos Enrique Gutiérrez (Rungalicia-Intersport) e Ana Marinho (Atletismo Braga). Os primeiros clasificados do club foron Íñigo Millán e Martín Valverde, sen esquecer a Antón García, o atleta máis veterano da competición.
Nas categorías de menores en Sub16 foron vencedores Lucas García e Carmen Carrera, en Sub14 Elías Paradelo e Marta Pereira-Borrajo, en Sub12 Xoel Franco e Lucía Ageitos, en Sub10 Fabián López e Lena Currás e en Sub8 Carla Docampo (S. A. Val Miñor) e Lucas Ageitos.
Parabéns para atletas, voluntari@s e tamén ós patrocinadores que fixeron posible este evento (Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, Gadis e Froiz co avituallamento, Farmacia Abizanda co material sanitario) e agardamos vernos o ano que ven. Aí vai a información, resultados e iremos engadindo noticias e fotos:
Xa podedes consultar o número de dorsal e a hora de saída na páxina de Carreiras Galegas ou nas ligazóns que figuran a continuación. Tamén se pode ver o plano de circulación e ordenación de espazos da carreira. A recollida de dorsais debe preferiblemente o venres 6 de agosto pola tarde de 5 a 8 no Pavillón de Deportes Xurxo Otero de Panxón, inda que os participantes que veñen de lonxe poderán recollelo o mesmo dia 30 minutos antes da carreira.
IMPORTANTE: Lembrade que para recoller o dorsal hai que levar cuberta e asinada a Declaración Responsable e ler coidadosamente toda a información. Nas listaxes de inscricións tamén aparece o horario de saída para cada persoa partipante, que deberá presentarse obligatoriamente con máscara.
RECOLLIDA DORSAIS
INFORMACIÓN PARA A CARREIRA
Nesta lista aparecen en orde descendente as competicións do segundo semestre de 2021:
Este verán de 2021 segue marcado polas medidas de contención da covid-19 polo que quedaremos de novo sen moitas das tradicionais carreiras populares. Será para outro ano. De momento todavía segue a tempada de pista con algunhas competicións que iremos engadindo. Por outra banda, os adestramentos cambian de horario e trasládanse á praia cando sexa posible (os adestradores irán informando dos lugares e horas). Coma sempre, teredes información puntual no facebook do club. Bo verán para tod@s!
Este mes de xuño temos competicións en Pontevedra (Trofeo Cidade o dia 2), un Campionato Sub23 en O Barco de Valdeorras, probas en Braga (Portugal) e continúan as Series Municipais de Vigo entre outras. E o día 12 por fin retornan as carreiras populares coa Nocturna de Nigrán H2K. Coma sempre tedes máis información e fotos no Facebook do Club. A continuación vai o resumo de competicións e resultados: