Category: ‘C_Populares’

10ª Nigrán Area 2021

16 Xullo, 2021 Posted by savalminor

A Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellería de Deportes do Concello de Nigrán organizan o sábado 7 de agosto de 2021 a 10ª Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Competicións verán 2021

28 Xuño, 2021 Posted by savalminor

Este verán de 2021 segue marcado polas medidas de contención da covid-19 polo que quedaremos de novo sen moitas das tradicionais carreiras populares. Será para outro ano. De momento todavía segue a tempada de pista con algunhas competicións que iremos engadindo. Por outra banda, os adestramentos cambian de horario e trasládanse á praia cando sexa posible (os adestradores irán informando dos lugares e horas). Coma sempre, teredes información puntual no facebook do club. Bo verán para tod@s!

 

 

 

 

 

Competicións primeiro semestre 2021

20 Decembro, 2020 Posted by savalminor

Nesta lista irán aparecendo en orde descendente as competicións previstas para o primeiro semestre de 2021:

La Carrera que nunca para: 1ª Carrera Online Solidaria 2020

10 Setembro, 2020 Posted by savalminor

O circuito de carreiras populares tamén vai retomando actividade pouco a pouco. Este mes de setembro a asociación Asotrame de transplantes medulares de Galicia organiza unha novedosa modalidade de competición que terá lugar en 8 concellos. Nela cada participante decide cando fai o percorrido escollido, que pode ser un ou varios dos propostos. A inscrición ten un custo de 3 euros que se destinan a proxectos solidarios. Colaboran diferentes entidades e os concellos de Nigrán, Baiona, Noia, Lugo, Culleredo, Sigüeiro, Moraña e Narón. Máis información:

Cancelación Vig-Bay 2020

13 Agosto, 2020 Posted by savalminor

Despóis de 20 edicións ininterrumpidas este ano finalmente non haberá Vig-Bay. Axuntamos o comunicado oficial da organización:

Competicións segundo semestre 2020

20 Xullo, 2020 Posted by savalminor

Nesta lista irán aparecendo en orden descendente as competicións previstas para este segundo semestre de 2020:

11ª Pseudo Marcha Solidaria Contra a Leucemia 2020

11 Xuño, 2020 Posted by savalminor

O 7 de xuño un grupo de voluntarios fixo a etapa Vigo-Pontevedra da 11ª Marcha 700 Camisetas contra a Leucemia. Isto foi só un anticipo da marcha que se todo vai ben será o 20 de setembro. Máis información e inscricións:

A Vig-Bay 2020 non sairá o 7 de xuño

30 Abril, 2020 Posted by savalminor

A Organización da Vig-Bay ven de publicar un comunicado no que adían a edición deste ano sen dar de momento unha nova data de celebración. Esperamos que todavía sexa posible!

2ª Carreira Popular Concello de Gondomar 2020

1 Marzo, 2020 Posted by savalminor

(14-marzo) Carreira APRAZADA sen nova data

O sábado 25 de abril a Sociedade Atlética Val Miñor coa colaboración e patrocinio do Concello de Gondomar organiza a 2ª Edición da Carreira Popular Concello de Gondomar. Máis información:

Novas semana 22-23 febreiro 2020

22 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Esta semana do Entroido a meirande parte dos nosos atletas estarán moi ocupados: entre disfrazarse, desgustar orellas e filloas e participar en comparsas, desfiles e todas as actividades propias destas datas esperemos que quede algo de tempo para o deporte. Nalgún caso as dotes artísticas saltan do atletismo a outros escenarios como os do musical “El Guardaespaldas” no que participará Bisrat do 26 de febreiro a 1 de marzo no Auditorio Mar de Vigo (noticia no Faro). Moi boa sorte e que o desfrutes 🙂 Volvendo ó noso, o sábado 22 hai cita en Viana (trasladada de Arcos de Valdevez), e o domingo 23 hai Campionato de Galicia en Ourense, e en Vigo celébrase a Carreira do Entroido. Ademáis 3 veteráns do club (Manuel, Eva e Carlos) foron a Sevilla a participar no Maratón desta cidade. Este é o resumo de resultados: 

(máis…)