Category: ‘Artigos de Interese’

Gala Baiona co Deporte 2021

3 Outubro, 2021 Posted by savalminor

Este sábado 2 de outubro Baiona celebrou o Acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2020/21 no que se entregaron premios aos deportistas locais máis destacados “auténtico exemplo de superación e orgullo para os baioneses e baionesas” en palabras do alcalde Carlos Gómez. Un dos premios foi para Ainhoa Repáraz, que nesta ocasión non gañóu ningunha carreira pero sí o recoñecemento dos seus conveciños que tamén resulta agradable. Parabéns para ela!

Nesta celebración tamén se entregaron os premios das competicións locais como o Triatlón ou a Carreira Pedestre Popular entre outras, organizadas nesta ocasión de xeito individual e coordenadas a través da páxina baionacodeporte.gal. Quedámonos coas palabras do responsable de deportes Javier López (parabéns pola impecable e innovadora organización destes eventos), destacando que “nesta ocasión tiveron oportunidade de subir ao podio deportistas que normalmente non o lograrían” e “esta cita non tivo nada de virtual, porque todos os participantes fixeron os percorridos, só que puideron escoller a data e hora”. Pois iso, parabéns para @s premiad@s e benvidos a un novo xeito de facer deporte para tod@s!

Un gran de area na forxa olímpica

1 Agosto, 2021 Posted by savalminor

Estes días moitos estaredes seguindo as competicións de atletismo nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, especialmente aos participantes galegos como Ana Peleteiro (que ven de acadar un bronce en triplo salto) ou Adrián Ben en 800m. Pero botando a vista atrás atopamos os resultados da Nigrán Area celebrada o 16 de agosto de 2015, onde o vencedor absoluto resulta ser un novísimo Adrián Ben Montenegro! Un gran de area nunha traxectoria de éxito. Ah, moita sorte na final do mércores e feliz aniversario…

Ainhoa Repáraz Campioa de España Sub18 – Barcelona 2021

14 Marzo, 2021 Posted by savalminor

Este fin de semana Barcelona acolle os Campionatos de España Sub18 no Palau Sant Jordi de Montjuich, antiga sede das Olimpiadas de 1992. Este lugar que xa figura na Historia do Deporte segue a inspirar aos atletas para superar os seus límites, como fixo onte Ainhoa proclamándose Campioa de España Sub18 en 200m. Parabéns para ela, a súa familia e o seu adestrador Óscar, que a acompañan día a día na que promete ser unha longa historia de éxitos!

(máis…)

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2020

25 Novembro, 2020 Posted by savalminor

O 25 de novembro está declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. @s nos@s atletas súmanse a esta reivindicación:

Novo Protocolo Covid para o deporte non profesional – setembro 2020

12 Setembro, 2020 Posted by savalminor

Esta semana o Consello Superior de Deportes (CSD) acadou un acordo coas Federacións Deportivas, Concellos e Comunidades autónomas para establecer un protocolo común para as competicións deportivas non profesionais. Unha boa noticia que aporta seguridade e tranquilidade para todos. Máis información:

O último reto dun gran campión

18 Xuño, 2020 Posted by savalminor

Hoy queremos sumarnos a todos eses mensajes de apoyo para todo un campeón que además es vecino. Desearle fuerza y desde todo nuestro club le mandamos nuestro cariño y fuerza. Animo Alejandro💪

Publiée par S. Atlética VAL MIÑOR sur Mercredi 17 juin 2020

Fin do estado de alarma en Galicia – 15 xuño 2020

15 Xuño, 2020 Posted by savalminor

Este luns 15 de xuño entran en vigor as medidas de prevención aprobadas pola Xunta para evitar a propagación da Covid-19 unha vez finalizado o estado de alarma. Lembremos que o virus segue aí e ata que dispoñamos de tratamentos eficaces é misión de todos mantelo baixo control. No que respecta ó ámbito deportivo, autorízanse os adestramentos en grupos de ata 25 persoas mantendo a distancia de seguridade. Nas instalacións deportivas hai que respectar as normas específicas, e no caso de competicións tamén. Como o uso das instalacións depende dos concellos, a directiva do club está pendente das autorizacións necesarias para que todos os atletas poidan retornar ós adestramentos. En canto sexa posible se informará a través dos grupos. Máis información: 

Dia do Deporte na casa – IES Auga da Laxe 2020

22 Maio, 2020 Posted by savalminor

Agora que xa empezamos a saborear algo de recuperada liberdade botamos a vista atrás para facer un retrato do confinamento. Neste caso é outro vídeo feito por profes e alumnos do IES Auga da Laxe co gallo do Día do Deporte na Casa, que nesta ocasión non puido sair á rúa. Aí o tedes (coñecedes a alguén?):

Xogos Olímpicos na casa – abril 2020

20 Maio, 2020 Posted by savalminor

Quén dixo que é necesario un estadio olímpico para facer os Xogos? A continuación achegamos unha mostra de que con imaxinación o corredor de casa pode transformarse en pista de atletismo, piscina e ata pista de xeo (Vídeo feito pola profesora de educación física do IES Escolas Proval e a súa familia, grazas por compartilo!):

 

O Val Miñor sen franxas horarias – maio 2020

12 Maio, 2020 Posted by savalminor

Esta semana ademáis do inicio da Fase 1 temos a novidade da eliminación das franxas horarias nos tres concellos do Val Miñor porque todos os núcleos de poboación teñen menos de 5000 habitantes. Tamén abren moitos establecementos e incluso o mercado de Sabarís. Desfrutade deste novo espazo de liberdade!