
HORARIOS E CATEGORÍAS:
- 10:00 Sub16 2003-4 2000m
- 10:15 Sub14 2005-6 1500m
- 10:30 Sub12 2007-8 1000m
- 10:40 Sub10 2009-10 500m
- 10:45 Prebenx 2011-12 300m
- 10:50 Pitufos 2013-14 100m
- 11:00 Absoluta 2002 e ant. 6000m
- 12:00 Entrega de premios
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
- Sub18 (2001-2)
- Sub20 (1999-2000)
- Sub23-Senior (1998 ata 35 anos)
- Máster A (35 a 44 anos)
- Máster B (45 a 54 anos)
- Máster C de (55 anos e maiores)
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia América, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.
INSCRICIÓNS: Na páxina da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas). O prazo remata o xoves 9 de agosto ás 22 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRICIONS CARREIRA ABSOLUTA
Terán un custo de 6 €. Poderá facerse a través da páxina anterior (pagamento online), e na Piscina Mancomunada do Val Miñor (pagamento en efectivo).
A carreira absoluta está limitada a 1.000 participantes e haberá chips para o control de tempos.
INSCRICIONS CATEGORÍAS MENORES
Será gratuita e poderase facer nos mesmos lugares indicados anteriormente, ou na oficina de turismo de Praia América. As categorías menores NON levarán chip.
Terán un custo de 6 €. Poderá facerse a través da páxina anterior (pagamento online), e na Piscina Mancomunada do Val Miñor (pagamento en efectivo).
A carreira absoluta está limitada a 1.000 participantes e haberá chips para o control de tempos.
INSCRICIONS CATEGORÍAS MENORES
Será gratuita e poderase facer nos mesmos lugares indicados anteriormente, ou na oficina de turismo de Praia América. As categorías menores NON levarán chip.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).
PREMIOS: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/sub 16 e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns/Sub 10 ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.
SERVIZOS:
Haberá servizo de avituallamento o fin da carreira. Tamén haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón. A carreira contará cunha ambulancia dispoñible durante o evento.
COLABORADORES:
Coca-Cola, Dalot, Froitas Vilar, Serviocio, Rosquillas Cristaleiro, Sondeos Nigrán, Sinfomac, Hostal La Paz, Ferretería Vincios, Garabullo Fisioterapia, Saúde Vigo Fisioterapia, Costas Pescados y Mariscos, Granitos Meira, Construcciones Iglesias, Deputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galego, Secretaría Xeral para o Deporte, Federación Galega de Atletismo.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Páxina da competición en Carreiras Galegas
- Axenda do Concello de Nigrán
- Lugar: Praia América (Saída e Meta en Panxón)
- Coordenadas (lat, lonx): +42.1434,-8.8239
- Localización en google maps
- Regulamento
- Díptico e Cartel
- Noticia da carreira en Telemariñas
- Noticia da carreira en Valmiñortv
- Noticia en Faro de Vigo (2-8-2018)
- Resultados