Viaxe Cross Atapuerca 2017

6 Novembro, 2017 Posted by javier

Resumo de instrucións viaxe Atapuerca (pdf)

INFORMACIÓN SOBRE A VIAXE

  • SAÍDA: Venres, 10 de novembro 2017. Pavillón de Gondomar ás 16:30 horas.
  • REGRESO: Domingo, 12 de novembro 2017. Saída de Burgos logo da comida. Chegada ao Pavillón de Gondomar.
  • ESTADÍA: Albergue “O Peregrino” de Atapuerca (Burgos)
  • CUSTO: 12 € por atleta (o resto o costea o Club SA Valmiñor, para os socios participantes)
  • DOCUMENTACIÓN: Tarxeta sanitaria, DNI e autorización asinada para os menores de idade que non van acompañados dos seus pais ou titores legais (Podedes descargar o modelo na páxina web ou pedila e asinala antes de marchar o venres).

MATERIAL ESPECÍFICO

  • Roupa de abrigo (incluído gorro e bufanda), roupa de competición, roupa para entrenamento, tenis de entrenamento e tenis de cravos.
  • Material de aseo, toalla e chanclas.
  • Protector labial, crema de mans e cara (recomendables polo frío) e calquer medicamento que cadaquén precise.
  • Pode levarse saco de durmir por se vai moito frío inda que non é imprescindible. O albergue proporciona sábanas, mantas, edredóns e dispón de calefacción.

COMIDAS

  • ALMORZOS Sábado 11 e Domingo 12: TOD@S os corredores deben levar o almorzo para os dous días: galletas, chocolate, café, etc. Para a mañá da competición hai atletas que prefiren sólido (barriñas enerxéticas, embutido, etc).
  • CEA Venres 10: Todo o mundo debe levala da casa e pode quentala no microondas ou na cociña do albergue
  • COMIDAS e CEAS do Sábado e Domingo: (2 posibilidades, ambas supervisadas por adultos do club):
  1. COMIDAS NO ALBERGUE: @s atletas dispoñen de cociña e microondas no albergue, polo que poden levar a súa comida da casa e quentala alí.
  2. COMIDAS NO BAR PRÓXIMO AO ALBERGUE: Custo a cargo de cada atleta. Debe avisarse previamente aos responsables da actividade. RESERVA ANTICIPADA. Posibilidade de reservar parte ou todo. Falamos de: COMIDA e CEA do sábado 11 e COMIDA do domingo 12.

ACTIVIDADES

  • SÁBADO 11 de NOVEMBRO
  1. Mañá (Opcional): Visita guiada polas “5 LAGOAS e HUMEDAIS DE ATAPUERCA” (xunto ao albergue). Duración 2 horas. Percorrido de 4,5 km. Custo da visita: 5 € (a cargo da cada participante). En caso de chuvia substituirase por actividades no interior do edificio.
  2. Entrenamento polo circuito.
  3. Os atletas tamén poden levar as súas tarefas escolares.
  • DOMINGO 12 de NOVEMBRO: Competición matutina.

IMPORTANTE: Avisar de calquera intolerancia alimentaria ou a medicamentos.

 

AUTORIZACIÓN PARA MENORES DE IDADE

Axuntamos a continuación o modelo de autorización para os menores que non vaian acompañados ó XIV Cross Internacional de Atapuerca. Hai que imprimila e entregar asinada polos pais ou representantes legais:

INFORMACIÓN SOBRE O ALOXAMENTO

ALBERGUE “El Peregrino”

Calle Carretera Atapuerca 105 – 09199 Atapuerca (Burgos)

 

CÓMO CHEGAR

 

QUÉ HAI NA CONTORNA

 

Humedais de Atapuerca

Humedais de Atapuerca

 

 

Comments are closed.