Suspensión adestramentos – marzo 2020

12 Marzo, 2020 Posted by savalminor

O aumento de casos de Covid-19 nos últimos días fixo que se suspenderan moitas actividades que supoñan concentración de persoas nun mesmo lugar: campionatos deportivos, espectáculos públicos e actividades lectivas en colexios, institutos e universidades. Por este motivo os adestramentos do club quedan cancelados ata que melloren as circunstancias. Os adestradores estarán en contacto cos distintos grupos e darán instrucións para manter a actividade de forma individual. Recordade os consellos de prevención e poñédeos en práctica para que toda esta situación se normalice o antes posible. Saúde!

Comments are closed.