Resultados Torneo Reis Pontevedra 2019

6 Xaneiro, 2019 Posted by javier

Esta primeira semana de 2019 tivemos competición o sábado en Pontevedra, estaba previsto acudir tamén o venres ó Trofeo de Nadal de Ourense pero debido ó elevado número de solicitudes limitóuse ós clubes organizadores. En Pontevedra houbo participación de atletas do club nas probas de 60-fem (Marina, Noa, Nadia, Antía, Ainhoa) , 200-fem (Marina, Antía, Noelia), 500-fem (Irene, Nerea, Nuria), 800-masc (Álex, Eric, Ricardo) e 3000-masc (Gabriel, Guadix, Juan). Parabéns para tod@s el@s!

Tamén estiveron os reis magos pero non competindo (andaban un pouco apurados e deixaran os camelos en dobre fila). Aí van as clasificacións:

Lembrade que a vindeira semana hai unha cita importante,  o Cros Escolar de Ladeira! O venres, sábado e domingo tamén haberá probas en Braga (Portugal).

FOTOS

Comments are closed.