Resultados semana 2-3 novembro 2019

3 Novembro, 2019 Posted by savalminor

Este primeiro fin de semana de novembro coincidiron unhas minivacacións para os rapaces, a festa de Samaín (ou Santos ou Halloween segundo os gustos e culturas) e un par de competicións o domingo: a Liga Abanca en Vilagarcía e a Carreira Popular Vigo+11. Na Liga Abanca destacar os resultados en Sub14 (Bruno doble prata en 60m e 60m valados, Nayr 1ª en 60m e Manuela 1ª en altura) e Sub10 (Gabriela 2ª en 50m). Na Vigo+11 en Sub10 subiron ó podio Brais (1º) e Lucía (2ª),  en Sub8 Liam foi 1º e en Sub14 Irene tamén foi 1ª. Quedaron en postos destacados Iván (6º en Sub10),  David (4º en Sub14), Mateo (8º en Sub12), Íñigo (5º en Sub16-18) e na absoluta participaron Nanda (2ª na súa categoría), Daniel, Jesús e Jose Manuel. Parabéns para todos!

Ademáis houbo atletas do club noutros eventos, como a 5ª Carreira Popular de Mondariz (Brais 1º en Sub10, vaia fin de semana rapaz!) ou o 7º Trail Serra da Groba (no Trailiño de 12km estivo Juan Antonio González).  Aquí está o resumo de información e resultados: 

FOTOS

 

 

Comments are closed.