Resultados semana 16-17 novembro 2019

16 Novembro, 2019 Posted by savalminor

Esta semana unha onda de frío polar fíxonos lembrar que chega o inverno (con permiso de Xogo de Tronos), e para quitalo nada mellor que un pouco de deporte entre magosto e magosto, que tamén chega o San Martiño e en Ourense celébrano coa tradicional Carreira Pedestre Popular (que xa vai pola 43ª edición). En Pontevedra temos a Milla Solidaria de ANEDIA o sábado 16 pola tarde, e o domingo hai Media Maratón en Vigo (como opción unha carreira de 10km). En todas elas haberá representación do club. Na Milla de Anedia participaron Dewisa en Sub14, Fernando e Alexandra en Sub12. Na Media Maratón de Vigo estiveron Rubén Sío (posto 116) e  na de 10km Nanda (sensacional, 20º posto absoluto, 1ª posición feminina e da súa categoría) e na Carreira do San Martño de Ourense participaron Iván e Paula nas categorías inferiores e Jesús, Jose Manuel, Antón, Carlos e Daniel na absoluta. E por último, no 5º Frian Cross organizado pola ANPA do CEIP Frian-Teis Irene foi primeira en Sub14. Parabéns para todos eles!

Estes son os resultados:

Comments are closed.