Resultados semana 11-13 xaneiro 2019

13 Xaneiro, 2019 Posted by javier

Esta segunda semana de 2019 estivo chea de acontecementos: despóis da chegada dos Reis Magos, volta ás clases para os estudantes e un fin de semana denso en competicións. O venres 11 (e sábado) foi a primeira cita en Portugal para os maiores no Campeonato Absoluto do Norte en Pista Cuberta en Braga.

O sábado 12 foi o Control de Marcas en Pista Cuberta en Ourense, no que destacamos a Gabriela (1ª en 50m-benf), Bruno (4º en 60m-infm), Patricia e María (1ª e 3ª en 60m-inff) e Manuela (1ª en altura), sen esquecer a tódolos demáis participantes. Mencionar que Gabriela ese mesmo día foi 2ª en 500m no Control de Marcas en Riazor (A Coruña).

O domingo 13 hai doble cita: en Braga (Provas Extra, para os maiores) e sobre todo o Cros Escolar do Val Miñor en Ladeira (Baiona). Neste último houbo unha gran presencia do club en tódalas categorías, con podios de Sergio en Sub16, David, Irene e Nerea en Sub14, Isis en Sub12, Bisrat e Gabriela en Sub10. Parabéns para todos! (No enlace da competición hai máis noticias e álbumes de fotos).

Resumo de resultados:

 

Comments are closed.