Resultados competicións 6-10 xuño 2018

8 Xuño, 2018 Posted by javier

Esta semana as competicións comezaron o mércores 6 co Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O fin de semana hai citas de novo en Pontevedra (esta vez o Campionato de Galicia Sub10-12-14), Ferrol (Sub20-23) e o domingo en Vigo coa 5ª Xornada das Series Municipais.

A continuación vai o resumo de resultados. Estes días deixáronnos un recendo a triunfo, non só polos podios de Jacobo, Gabriel, Manuela, José, Lois e Elena senón polo esforzo e bós resultados de todos desde alevíns a maiores, con numerosas marcas persoais. E non sería porque o tempo acompañe!

FOTOS

(de momento hai poucas, se tedes máis podedes mandalas que a ocasión o merece)

  • 9 xuño: Manuela González campiona galega de altura

  • 10 xuño: Campionato Galicia Ferrol (José Villar na entrega de premios)

  • 9 xuño: Correndo por Vigo (Gabriela Bouzada na liña de meta). Fotos Difusion Pro Sport (álbum facebook)

Comments are closed.