Resultados competicións 17-20 maio 2018

17 Maio, 2018 Posted by javier

Esta semana as competicións comezan o xoves 17 (Día das Letras en Galicia, Día de Internet fóra). O xoves hai doble cita, campionato de relevos en Ourense e o Trofeo Vila de Cangas. O fin de semana hai competicións en Guimarães (Portugal) e Xogade infantil en Pontevedra.

(17 maio) O equipo infantil de relevos 4×80 feminino CAMPIÓN DE GALICIA!!

(17 maio) Xa están tamén os resultados de Cangas. Parabéns para todos, especialmente para Marina polo seu doble podio en 100 e 200m!!

(20 maio) Engadidos os resultados de Guimarães (día 19) e Xogade en Pontevedra (domingo 20). Xornada de podios en Pontevedra, co equipo infantil feminino 4×80 repetindo éxitos e Manuela doble podio en altura e lonxitude, Patricia en lonxitude, David en 2000m, Jesús en peso. Parabéns para eles e tódolos demáis participantes!

E no apartado de maiores, Nanda foi a Villamayor (Salamanca) a participar (e acadar un 4º posto) no VI Cross Popular Villamayor-ASPACE. Parabéns tamén para ela!

LISTA DE RESULTADOS

FOTOS

Ourense 17 maio (grazas Susana por enviala)

20 maio Xogade-Pontevedra e Salamanca (grazas a Paula, Susana, Jose e Nanda):

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.