O fin de semana do 14-15 de abril estivo cheo de competicións para os nosos atletas. Dúas de Xogade en Pontevedra, en Braga o sábado pola tarde e o Cros Párroco Don Camilo en Vigo o domingo.
Destacar a marea verde que tinguíu o Estadio da Xuventude de Pontevedra, con Jesús e Jacobo á cabeza en infantís, sen esquecer a Bruno, David, Jacobo, Patricia, Nadia, María, Nayr, Manuela… e en xeral bos resultados de tod@s. En Benxamíns e Alevins Sergio, Bisrat, Uxía, Alexandra… E en Braga (Noe, Elena). E no cros do domingo houbo poucos podios que non luciran tamén en verde… parabéns para tod@s e que se repita máis veces! Tamén para os que participaron nas Series Municipais de Vigo (e desculpas polo retraso e poñer os resultados:-)
- Resultados Xogade 14 abril Benxamín-Alevín e Infantil
- Resumo de competcións de Xogade con información e resultados
- Resultados Probas 14 abril Braga
- Resultados Cros Párroco Don Camilo 2018
- Resumo de Series Municipais de Vigo con información e resultados