Resultados Atapuerca 2019

8 Novembro, 2019 Posted by savalminor

Este ano a viaxe a Atapuerca é un pouco máis apretada que en anteriores ocasións debido ás elecións do domingo 10 de novembro que obrigaron a adiantar o Cross. Ademáis o frío chegóu con forza e promete temperaturas baixas para esta noite e mañá. Malia estes inconvintes agardamos que sexa todo un éxito e unha boa experiencia para todos. E, por suposto, MOITA SORTE para os corredores!!

A continuacións iremos engadindo os resultados, álbumes de fotos, noticias e toda a información que nos chegue. De momento aí vai o enlace para ver a Gala de Benvida de hoxe e a retransmisión de mañá:

RESULTADOS

Nesta edición do Cross de Atapuerca houbo como sempre unha variada representación do noso club. Nas categorías inferiores estiveron: en Sub10 Bisrat (6º posto que sabe a podio!), Gabriela (13ª), Brais Montes e Iván Vilaboa; en Sub12 participaron Alexandra, Julia, Ruth, Sergio Gil e Fernando. Nesta categoría non podemos deixar de mencionar ó noso “veciño” de A Guarda Álex Sierpes (do S.A. Trega) que foi  o vencedor incontestable da proba. En Sub14 estiveron Nerea, Nuria, Dewisa e David Pousa. En Sub16 estiveron Nadia, Paula, Sergio Souto, Jesús e Jorge. En Sub18 e Sub20 participaron Ana Pérez, Antía, Abel, Enrique Castro, Ricardo, Eric, Alex e Juan Manuel. Polos maiores, na Carreira Popular participaron Eva e Nanda (na feminina) e Anxo (magnífico 38º posto!), Daniel, Manuel Celada, Carlos Vilaboa e Jose Manuel Mein (na proba masculina). Felicitalos a todos polo esforzo nas duras condicións desta xornada e os resultados obtidos. A continuación tedes todos os listados:

RESULTADOS POR CATEGORÍAS

FOTOS

 

 

 

Comments are closed.