Onte pola mañá Praia América acolléu unha nova edición da Nigrán Area – e xa van nove – na que tomaron a saída máis de cincocentos atletas de tódalas categorías. Nesta ocasión o tempo foi amable cos deportistas, cunha mañá cálida pero non abafante e un sol lixeiramente peneirado pola néboa. As probas deron comezo algo despóis das 10h xa que a baixada da marea fíxose agardar algo máis do previsto (algún participante xa estaba dubidando se mudar as zapatillas polas aletas e o neopreno). Na primeira proba Sub16 resultaron vencedores Sergio Souto do noso club e Marcela Morgado do Trega, con Íñigo Millán en terceira posición. En Sub14 venceron Javier Acuña e Elisa Morgado (tamén do Trega, coa súa compañeira Carmen Magallanes en segundo lugar), con Irene Carrera en terceira posición. En Sub14 os gañadores foron Álex Sierpes (do Trega) e Sabela Castelo. En Sub10 quedaron nas primeiras posicións Jun Sieira e Gabriela Bouzada, acompañados no podio polos atletas do club Brais Montes e Carmen Rodríguez.
Na carreira absoluta os vencedores foron Óscar Bernárdez seguido de Marcos Paz e Raúl Corrales na categoría masculina e na feminina Elsa Pena con Leticia Fernández Barbosa e Elena Costas (que ademáis foi primeira da súa categoría e primeira atleta local). Destacar a actuación de Guadix Rogel do noso club, quinto clasificado na absoluta e primeiro en Sub20. Tamén a de Daniel Puentes, primeiro en Sub18 e segundo do club, Nanda que foi segunda na súa categoría e primeira do club… por mencionar ós que subiron o podio, pero sen esquecer ós demáis.
A mañá remataba coas carreiras Sub8 e pitufos e a continuación a entrega de premios. Parabéns para todos os atletas, voluntarios e tamén ós patrocinadores que fan posible este evento e esperamos volver atoparnos todos o ano que ven para celebrar o décimo aniversario!
Máis información e resultados:
- Resultados (documento pdf) NOTA: correxidos 5/8
- Noticia en ValmiñorTV
- Noticia en Faro de Vigo
- Noticia en Atlántico Diario
- Noticia en facebook (partipación da atleta italiana Camilla Paracchini)
FOTOS
- Álbum (google photos) Neste álbum podedes engadir máis fotos se queredes
- Álbum ValmiñorTV
- Álbum Faro de Vigo
Resumo en fotos
A primeira hora, preparando o circuíto (de momento, submarino):
Unha solitaria estaca agardando pola baixamar (só falta a gaivota para completar a estampa turística):
Algúns atletas facendo exercicios de quecemento:
O comentarista tamén estaba preparado micro en man:
E comenzan as probas:
E non esquezamos ós patrocinadores, para que vexan a súa publicidade:
Ata a vindeira edición!