Resultados 22-23 decembro e últimas citas de 2018

23 Decembro, 2018 Posted by savalminor

Excepcional actuación do equipo infantil feminino na fase final da Liga Abanca en Ourense, con 4 victorias (en 10 probas), varios segundos e terceiros postos e dous récords galegos, Manuela González en altura (1,55m) e 4×100 (Uxía, Irene, Nuria, Nayr). Parabéns para elas!

Este domingo tamén en Ourense é a 2ª Xornada da Copa Deputación:

Xa están tamén os resultados da Carreira do Pavo en Vigo (últimas noticias… non había pavo, se cadra deberían cambiarlle o nome á carreira). Importante participación do club, con varios atletas nos primeiros postos (destacar a doble victoria en Sub10 de Bisrat e Gabriela, pero tamén o 2º e 4º de Gabriel e Abel en Sub18, 3º de Nerea en Sub14, 2º de Isis en Sub12). Parabéns para todos!

E para rematar o ano con algo de deporte (e por se alguén precisa un pavo a última hora para completar o menú) aí van as últimas citas deportivas:

Comments are closed.