Resultados 1ª Carreira Popular Concello de Gondomar 2019

28 Abril, 2019 Posted by javier

Despóis de moitos anos de Memorial Manuel Barros, toma o relevo a Carreira Popular Concello de Gondomar. Esperamos que a esta primeira edición sigan moitas máis co mesmo éxito de participación e público. Malia a coincidencia con varias citas deportivas (Happy Go Running en Vigo, duathlón en Pontevedra, Xogade…) xuntáronse máis de 500 participantes nas diferentes categorías. A organización, impecable (qué iamos dicir), grazas ó esforzo e dedicación de tódolos colaboradores todo estivo baixo control e á súa hora exacta.

Desde a Sociedade Atlética Val Miñor queremos agradecer o apoio do Concello de Gondomar e os patrocinadores e esperamos volver a contar con eles nas vindeiras edicións. E por suposto, cos atletas que participaron xa que sen eles nada disto tería sentido. Grazas a todos!

A continuación vai un resumo con noticias, fotos e resultados:

Empezamos polo atleta nº 1 do club (non sabemos cómo o consegue, pero sempre se inscribe de primeiro en tódalas carreiras):

A praza Paradela convertida no “hotspot” deportivo de Gondomar:

 

A continuación van os patrocinadores (para que vexan cómo lucía a súa publicidade e facerlles un pouco a pelota 🙂

 

 

 

 

 

E os atletas agardando ó inicio das probas con impaciencia:

      

              

O adestrador reconvertido en mestre de ceremonias (que vale para iso e moito máis):

E por último algunhas das entregas de premios (as fotos das carreiras podédelas atopar nos álbumes que aquí non caben todas):

Comments are closed.