Nos últimos meses de 2017 foi noticia unha páxina web (Strava Labs) que revelaba os trazados gps das actividades deportivas de millóns de atletas a nivel mundial, creando un interesante mapa de “puntos quentes” (coñecido como “HeatMap”) donde se concentra a actividade máis intensa. A noticia xurdíu porque tamén revelaba a ubicación de instalacións militares onde os seus ocupantes practicaban deportes. Esta noticia apareceu publicada en moitos lugares, a continuación poñemos algúns enlaces. A foto da dereita corresponde (non o adiviñades?) á contorna do Campo das Cercas, un dos puntos máis quentes (deportivamente falando) do Val Miñor. Ata os satélites o recoñecen!
- O mapa ‘espía’ en Galicia: aquí corren, camiñan, nadan e pedalean os galegos
- Web do mapa Strava de Galicia
- O mapa do Val Miñor. A estrada Ramallosa-Gondomar destaca como unha das rutas máis transitadas. A ver para cando o carril bici!