Os atletas da Selva Negra

15 Xuño, 2019 Posted by savalminor

Estes días temos a visita dun equipo de atletismo alemán de Nagold, na Selva Negra ou Schwarzwald, unha fermosa rexión de bosques que non ten nada de selva nin moito menos de negra. A idea xurdíu dun intercambio escolar no que participara Elena, e que como case sempre acontece deixa ós visitantes con ganas de volver. Así que Julia Walz, que así se chama a organizadora do evento, convencéu ó seu equipo para vir a Galicia e de paso participar nas Series Municipais que se celebran estes días en Vigo (todo isto, coa colaboración de Óscar). Botádelle unha ollada á noticia publicada no Faro de Vigo, e desexarlles unha boa estancia e que volvan moitas veces!

Comments are closed.