O Vig-Bay sabe a mar (resumo 2019)

8 Abril, 2019 Posted by savalminor

Este ano o Vig-Bay ten o sabor do mar que acompaña ós corredores sempre ó seu carón e semella querer prestarlles algo da súa forza para chegar á meta. Sobre todo ós que se atreveron a enfrontar os corenta e dous quilómetros desta primeira maratón, corenta e dous quilómetros que se din rápido pero se fan lentos, desde as dúas horas e media do gañador ás cinco e media do último crono. Un reto que superaron máis de mil participantes (3500 no medio maratón) ós que o noso club acompañóu como tantas veces, nesta ocasión colaborando coa AVA, Celta e Atletismo Baiona, porque o reto de organización e loxística tamén se multiplica coma a distancia.

O tempo non axudóu a celebrar como se debía o vixésimo aniversario dun evento que xa forma parte da vida dos 58000 atletas que tomaron a saída nalgunha das súas edicións. Agardamos que cheguen outras vinte e moitas máis e por suposto, seguir colaborando e participando nelas.

Parabéns para todos polo magnífico labor realizado e para os atletas que participaron na competición!

Van a continuación noticias, fotos e resultados:

 

FOTOS

Empezamos cos nosos atletas (Nanda, Eva, Juan, Daniel, Antón, Luis Costa, Rubén Sío, Rubén Millán, Javier Figueroa… e desculpade se falta alguén)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As “fotos de familia” dos equipos de avituallamento:

 

9:30 da mañá, todo listo en Ramallosa (e nos demáis postos tamén, eh!)

e o equipo preparando as súas fórmulas maxistrais (a saber qué levarán…)

ás 10:30 máis ou menos xa chega o primeiro maratoniano, neste caso sobre rodas:

… e logo o grupo principal:

dúas horas máis tarde todavía seguen pasando corredores (e inda quedaban esponxas!):

e van chegando os últimos en tempo pero para nada en esforzo (parabéns para eles!):

cando remata a carreira hai que deixalo todo como estaba:

Que quede claro que fixemos todo como é debido…

e todavía faltaba o bus-vasoira pechando o recorrido (pero xa non quedaba nada que varrer):

E ata aquí esta edición 2019 da Vig-Bay. O resto da información podedes atopala nos medios. Ata o ano que ven!

Comments are closed.