Novas semana 8-9 febreiro 2020

7 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Este fin de semana recorremos o norte de Galicia participando en diferentes probas de pista, o sábado en A Coruña hai un Control de Inverno da FGA e o Campionato de Galicia en Pista Cuberta, os dous en Riazor. O domingo toca o Campionato de Galicia de Campo a Través en Narón, o Campionato de Galicia de Lanzamentos en Vilagarcía e o Control de Marcas en A Pobra.

En A Coruña participaron en Sub16 Manuela (prata en altura) e Nadia en 1000m; en Sub18 Sergio Souto (ouro en 1500m), Abel en 800m e Noa Hermida en 50m. En Vilagarcía estivo Jesús González en Sub16 (medalla de prata en lanzamento de disco). En Narón participaron Anxo en Sub23, Nanda en Máster feminino e Elena tamén en Sub23. E tamén mencionar a Guadix que estivo no 5+5 Calvario en Vigo rematando 11º na clasificación xeral. Pero a maior presenza do club foi en A Pobra donde participaron moitos dos nosos atletas das categorías menores para mellorar as súas marcas: en Sub10 estiveron Liam, Aarón e Xaime (500m), Gabriela e Belén (50 e 500m), Lucía (500m), ; en Sub12 Bisrat, Brais, Sergio Gil, Alexandre e Adrián (500m) e Uxía (60m), Lucía e Ruth (60 e 500m), Carmen (500m); en Sub14 Xesús (60 e 500m), Xoán (60m e peso) e Fernando (500m e peso) Dewisa e Amelia en 60m e Isis en 500m; en Sub16 Sira e Paula en 600m; na absoluta Álex, Eric, Ricardo e Ana en 800m; Ainhoa e Patricia en 60m. Parabéns para tod@s! Este é o resumo de resultados: 

FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.