Novas semana 7-8 marzo 2020

6 Marzo, 2020 Posted by savalminor

Este fin de semana ademáis da celebración do Día da Muller temos unha cita importante en Ourense con doble campionato de Galicia Sub16 e Sub20 no que participarán varios atletas do club. E o domingo, Campionato de España de Campo a Través en Zaragoza. No Campionato Sub20 participaron Daniel Puentes (200m), Ricardo Cortizo (400m e medalla de bronce en 800m),  Álex Román en 800m e Guadix en 3000m. En Sub16 participaron Nayr (4ª en 60m e ouro en lonxitude, nada mellor que subir ó máis alto do podio para celebrar o Día da Muller :-), Ainhoa (3ª en 60m), Maria (60m e lonxitude),  Irene Carrera en 600m, Nadia en 1000m, Nerea en 1000m e 60mv, Sira en 3000m, Manuela en 60mv e 4ª en altura, Patricia (4ª en lonxitude e triple salto), Esteban en 60m, Íñigo en 1000m, David Pousa en 3000m, Jesús (bronce en peso 4kg). No Campionato de Zaragoza Elena foi 44ª na individual e 10ª por equipos. Parabéns para tod@s! Aí vai o resumo de resultados:

FOTOS

Comments are closed.