Novas semana 7-8 decembro 2019

7 Decembro, 2019 Posted by savalminor

Esta semana temos dúas competicións en Vigo, o sábado 7 a 4ª Xornada das Series Municipais e o domingo a 6ª Invasión Celeste. Lembrade tamén que o día 11 remata o prazo de inscrición para o 21º Cros Escolar do Val Miñor, os interesados en participar deberán comunicalo ó club antes desa data.

Nas Series Municipais de Vigo estiveron Daniel Puentes, Álex Román, Ricardo Cortizo, Anxo, Abel, Guadix, Juan Manuel e Ana en maiores e Jorge, Bruno, Jesús, Nadia, Paula, Sira, Nerea, Nuria, Nayr, Patricia, María e Manuela en categorías Sub14-16. Na Invasión Celeste participaron Irene (1ª), Nerea (2ª), Nuria (7ª) e David (2º) en Sub14 e na carreira 7k Nanda obtivo a 1ª posición absoluta feminina sen esquecer a Luis Costa (17 na categoría). Parabéns para todos eles! Máis información e resultados:

Noutro orden de cosas, a Federación Galega acaba de publicar un comunicado no que autoriza ós atletas que van cambiar de categoría a participar xa este mes en competicións da categoría superior con vistas a acadar marcas para a vindeira temporada (como xa nos comentara Óscar no seu momento). Este é o  comunicado completo e tamén engadimos a circular da RFEA emitida en novembro que inclúe as mínimas para 2020. Isto é todo por agora!

FOTOS

Comments are closed.