Novas semana 27-28 febreiro 2021

28 Febreiro, 2021 Posted by savalminor

Esta última semana de febreiro o atletismo galego acelera con nada menos que oito competicións entre sábado e domingo, 5 Campionatos de Galicia en pista (entre Ourense e Pontevedra), dous Controis de Inverno e a Copa Deputación en Lugo. Os atletas do club acudiron a varias delas. En Pontevedra estiveron Bisrat (4º en 500m), Sergio Gil (500m e altura) e Liam en 500m, Brais, Iván e Adrián en 1000m, Sofía en 400m, Gabriela en 500m, Belén Silva (prata en 500m), Julia en 500m, Nadia en 800m e Lucía en 1000m.  Polos maiores estiveron Álex Román (prata en 800m), Marina (prata en 400m), Ricardo en 400m, Anxo, Shewaferaw e Juan en 1500m. En Ourense estivo Ainhoa con doble victoria en 60 e 200m, acadando ademáis unha nova marca galega en 60 con 7,75 e outra en 200 con 25,18s. Na mesma proba tamén estivo Jesús en lanzamento de peso. Parabéns para tod@s!

A continuación van os resultados completos: 

FOTOS

 

Comments are closed.