Novas semana 23-24 xaneiro 2021

20 Xaneiro, 2021 Posted by savalminor

Esta semana a actividade deportiva (federada ou non) queda suspendida para frear o crecemento de contaxios por coronavirus. Estaban previstas tres competicións en A Coruña, Pontevedra e Ourense pero terán que agardar a que melloren as condicións. As medidas tamén afectan aos adestramentos, que terán que respectar os peches de concellos e facerse individualmente ou en grupos de 4 persoas como máximo. A directiva e adestradores informarán a cada grupo das medidas concretas e o momento en que poderá retomarse a actividade. Namentres, coidádevos!

Comments are closed.