Este fin de semana os nosos atletas teñen algo de descanso porque só hai unha cita prevista, o 41º Memorial Belarmino Alonso organizado polo Comesaña Sporting Club. Os que estades inscritos xa podedes consultar os dorsais e verificar os datos nesta ligazón. Para os que estivestedes competindo en Atapuerca, podedes xerar e imprimir os vosos diplomas neste enderezo. Precisades o número de dorsal, se alguén non o lembra pode consultalo aquí.
Hoxe o Faro de Vigo publica un artigo sobre Elena titulado “Un tormento de virus e bacterias“. Non podemos poñelo aquí por cuestións de dereitos de autor (está limitado a subscriptores do xornal), pero sí que podemos desexarlle que se recupere canto antes, que en canto volva correr non haberá bacteria que a pille!
Por último, como xa estamos en horario de inverno lembrar a todos os atletas que nos adestramentos é recomendable levar algún elemento reflectante. É pola vosa seguridade!
(24-nov) No Memorial Belarmino os atletas do club tiveron que facer un enorme esforzo para superar as malas condicións da xornada. En Sub10-fem participaron Gabriela (2ª), Carmen (4ª), Lucía (5ª), Belén, Raquel e Iria acadando o 1º posto por equipos. En Sub10-masc estiveron Bisrat (2º), Brais, Iván, Aarón, Pedro, Xaime, Adrián, Sergio e Miguel acadaron o 2º posto por equipos, En Sub12-fem estiveron Isis (6ª), Alexandra e Julia, en Sub12-masc Sergio Gil (6º), Mateo, Adrián, Alexandre e Lois que acadaron o 3º posto por equipos, en Sub14-fem estiveron Nerea, Nuria e Dewisa, en Sub14-masc Xesús foi 4º, en Sub16-fem Nadia, Paula, Sira e Lorena acadaron o 4º posto por equipos, en Sub16-masc participaron Sergio Souto (4º), Íñigo e Jorge, e en Sub18-20 estiveron Abel e Juan. Parabéns para todos eles!
- Faro de Vigo “Un tormento de virus e bacterias” (só para subscriptores)
- Ligazón Diplomas Atapuerca 2019 – Consulta de dorsais
- 41º Memorial Belarmino Alonso en Vigo
- Lista de inscritos Memorial Belarmino
- Últimas informacións
- Resultados: documento completo
- Máis información e fotos no facebook do club