Novas semana 22-23 febreiro 2020

22 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Esta semana do Entroido a meirande parte dos nosos atletas estarán moi ocupados: entre disfrazarse, desgustar orellas e filloas e participar en comparsas, desfiles e todas as actividades propias destas datas esperemos que quede algo de tempo para o deporte. Nalgún caso as dotes artísticas saltan do atletismo a outros escenarios como os do musical “El Guardaespaldas” no que participará Bisrat do 26 de febreiro a 1 de marzo no Auditorio Mar de Vigo (noticia no Faro). Moi boa sorte e que o desfrutes 🙂 Volvendo ó noso, o sábado 22 hai cita en Viana (trasladada de Arcos de Valdevez), e o domingo 23 hai Campionato de Galicia en Ourense, e en Vigo celébrase a Carreira do Entroido. Ademáis 3 veteráns do club (Manuel, Eva e Carlos) foron a Sevilla a participar no Maratón desta cidade. Este é o resumo de resultados: 

FOTOS

 

Comments are closed.