Novas semana 19-20 decembro 2020

18 Decembro, 2020 Posted by savalminor

Esta semana a Pista Cuberta de ExpoOurense énchese co futuro do atletismo galego no 13º Campionato Sub10-12-14 en xornadas de mañá (10:30h) e tarde (16:45h). Polo club estarán Bisrat, Brais Montes, Sergio Gil, Gabriela e Uxía Vidal. Polos maiores estará Marina Prieto no 7º Control de Inverno da FGA. O Campionato continúa a vindeira semana en Pontevedra coas probas de fondo. Pódese seguir a transmisión en directo a través da canle Youtube da FGA. Importante: lembrade levar cuberta a declaración responsable e a documentación.

Ademáis este fin de semana celébrase en Madrid o Campeonato de España Sub16 en Pista Cubierta, a primeira competición pechada da era covid, no Pabellón do Centro Deportivo Gallur. Neste Campeonato estará Ainhoa na modalidade de 60m (domingo 20 a partir das 11:40h).

Boa sorte para tod@s os que competides estes días! Máis información:

(20-dec) No Campionato Galego Gabriela foi ouro en 50m e Sergio prata en altura, Uxía foi 6ª en 60mv e 4ª en lonxitude, en Madrid Ainhoa foi 6ª na final de 60m e no Control de Inverno Marina foi 5ª en 200m. Parabéns para el@s e agora a desfrutar do merecido descanso navideño!

Comments are closed.