Novas semana 12-13 decembro 2020

11 Decembro, 2020 Posted by savalminor

Este fin de semana do 12 e 13 de decembro continúa en Ourense a 37ª Copa Deputación de Atletismo en Pista. Esta 4ª xornada será na pista cuberta de ExpoOurense, e polo club estarán Marina Prieto e Ricardo Cortizo, ambos en 200m. E en Noia celébrase o 1º Control Federado de Marcas “Vila de Noia” no que participan Gabriela Bouzada, Bisrat Mein e Brais Montes. Boa sorte para el@s! Máis información e resultados:

(12-dec) En Noia Gabriela obtivo a medalla de ouro en 500m, Bisrat foi 5º en 500m e Brais 11º tamén en 500m. En Ourense Marina obtivo a medalla de prata e Ricardo foi 7º en 200m. Parabéns!

Comments are closed.