Novas semana 1 decembro 2019

28 Novembro, 2019 Posted by savalminor

Xa chega o mes de decembro cargado de choiva, venres negros e noites brancas grazas ós millóns de leds que alumean as nosas rúas. No mundo atlético esta fin de semana temos unha competición oficial para os pequenos (Liga Abanca en Vigo), a 9ª Carreira Solidaria en Bembrive (Vigo) e o 46º Memorial Pepe Cordeiro en Cangas.

Na Liga Abanca en Sub10 Gabriela foi 2ª en lonxitude e 3ª en 1000m e Brais 3º en 1000m, en Sub12 Sergio foi 2º en altura e Sub14 con Bruno 2º en triplo salto.  En Bembrive participaron (na absoluta) Sergio e Javier Souto, Guadix, Abel, Juan Manuel e Juan Antonio. E no Pepe Cordeiro de Cangas en categorías inferiores participaron Gabriela (1ª), Brais e Mateo Denis, mentres que na absoluta Nanda queda 1ª por categoría e 5ª na clasificación feminina. Aí vai o resumo e os resultados:

Para os que fóstedes a semana pasada ó Cros Belarmino, a AVA (Agrupación Viguesa de Atletismo) publicóu un álbum de fotos no que aparecen moitos atletas do club.

Comments are closed.