Novas e competicións de fin de ano 2019

28 Decembro, 2019 Posted by savalminor

Estes últimos dias de 2019 as competicións oficiais toman un pequeno descanso para deixar paso ás carreiras populares con pavo ou sen pavo, con gorros vermellos, verdes ou amarelos, todo vale con tal de facer algo de deporte para compensar a dieta hipercalórica destas datas. Este ano en Vigo non haberá Carreira do Pavo porque o recorrido tradicional está ocupado polas atraccións de nadal e non é fácil atopar alternativas, como recolle o Faro de Vigo nesta noticia. Mantense en troques a San Silvestre de Vigo para o día 31 con saída na rúa Policarpo Sanz. Outro cambio é o Trofeo de Nadal Celta Atletismo, que queda aprazado polo mal tempo e de momento non sabemos a nova data (aviso en Twitter). Ademáis o 22 en Tomiño hai Carreira de Nadal, o 28 será a San Silvestre Solidaria en Nigrán e o 30 a San Silvestre en Porriño. En pista temos a Xornada Primitivo Simón en Marín o 28 e o Control en Pista Cuberta en Ourense. A continuación vai o resumo:

Competicións en Pista:

  • 28 decembro: 2ª Xornada Circuito Primitivo Simón en Marín
    • Lugar: Pistas Atletismo San Pedro (Marín)
    • Resultados: onlinemedallistaslista completa
    • Neste evento participaron en Sub10 Bisrat (2º en 1000m), Brais e Iván tamén en 1000m e Gabriela (2ª en 50m e 4ª en 1000m) e Lucía e 1000m,  en Sub12 Sergio Gil (1º en altura), Adrián en 1000m e Ruth en 50m e altura, en Sub14 en 60m estiveron Nayr (3ª), Patricia, Nuria e Nerea, en 60m-valos Uxía (1ª) e Nerea (3ª), en altura Manuela (1ª) e Nerea, e na absoluta Ricardo (1º) e Álex (3º) e Ana en 400m. Parabéns para todos!
  • 29 decembro: 2º Control en Pista Cuberta en Ourense
  • 29 decembro: 4º Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo en Vigo 
    • Lugar: Pistas Balaídos (Vigo)
    • Resultados: onlinemedallistaslista completa
    • Neste Trofeo Solidario houbo unha numerosa representación do club: en Sub10 participaron en 500m Bisrat (1º) e Brais (2º), Xaime, Iván e Aarón e Gabriela (3ª) Carmen e Lucía, Bisrat tamén foi 2º en lonxitude, en Sub12 numerosa participación en 500m: Sergio, Fernando, Eloy, Xoán, Lois, Alexandre, Adrián e Mateo e tamén en lonxitude con Sergio, Lois, Alexandre e Fernando; en 60m estivo Amelia e en 500m Isis (4ª), Alexandra, Ruth e Uxía, en Sub14 participaron en 60m Nayr (1ª), Patricia, Uxía, Aroa e Mekides e en lonxitude Nayr (1ª de novo), Uxía, Mekides, Aroa e Patricia, en 500m Dewisa, Nuria e Nerea; en Sub16 estivo Ainhoa (1ª) en 60m, Jesús (1º) en lanzamento de peso e 500m e Lorena (5ª) en 500m. Parabéns para tod@s eles!

E as carreiras populares:

 

 

 

FOTOS

 

 

Comments are closed.