Inscrición socios 2018

9 Outubro, 2018 Posted by javier

Axuntamos a continuación a ficha de datos de socios para a tempada actual 2018-19. Pregamos cubrir correctamente todos os datos e indicar os atletas que estarán federados. Grazas a todos!

Ficha de socios tempada 2018-19

EQUIPACION DEPORTIVA DA S.A. VAL MIÑOR

A equipación deportiva comporase de pantalón, camiseta e chándal, e solicitaráse ó responsable de Vestiario e Equipación Sandra. O funcionamento será na modalidade de préstamo, tendo que facer unha ÚNICA primeira entrega de 50 € por equipación. Tendo que ser devolta a roupa pequena en bo estado. Esta equipación usarase exclusiva e obrigatoriamente para as competicións.

 

ENTRENAMENTOS E COMPETICIÓNS

Dependendo da categoría na que se ubique o atleta, determinaránse os días de adestramento e a súa localización, que serán informados polo Adestrador da Sociedade e a través dos grupos de WhatsApp ou na páxina web (atletismovalmiñor.com).

Os atletas seleccionados teñen a obriga de asistir ás competicións por equipos nas que participe a S. Atlética Val Miñor, salvo causas de forza maior, acreditadas ante a Xunta Directiva.

 

COLABORACIÓN EN EVENTOS ORGANIZADOS POLA S.A. VAL MIÑOR

A Colaboración de todos nas distintas actividades (Carreiras Populares, Arribada, etc) organizadas pola S. Atlética Val Miñor, son fundamentais para a supervivencia da mesma. Contamos con Vós!

 

AUTORIZACIÓN PARA A TOMA E PUBLICACIÓN DE IMAXES DE MENORES POLA SOCIEDAD ATLÉTICA VAL MIÑOR

Coa inclusión das novas tecnoloxías dentro dos medios ao  alcance da sociedade  e a posibilidade de que neles poidan aparecer imáxes dos  vosos fillos/as durante a realización das actividades da Sociedad Atletica Val Miñor,  dado que o dereito a propia imaxe está recoñecido no  artígo18. da Constitución e regulado po la Ley 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe e a Lei 15/1999, de 13 de Decembro, sobre a Protección de Datos de Carácter Persoal.

A directiva da Sociedad Atlética Val Miñor, pide o consentimiento aos pais ou titores legais para poder  publicar as imaxes  nas que aparezcan individualmente ou en grupo que se poidan realizar aos nenos e nenas, nas diferentes secuencias e actividades realizadas no Club e/ou fora do mesmo en  competicions ou encontros nos que participen.

A Sociedad Atlética Val Miñor comprométese a que a utilización destas imáxes en ningún caso supoña un dano á honra e intimidade do menor, nin será contraria aos intereses dos menores, respetando a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica do menor.

No caso que desexe que o seu fillo/a non apareza, agradecémoslle que no lo faga saber a través deste mesmo documento ou ben a través do mail na dirección savalminor@hotmail.com .

 

Comments are closed.