Inscrición Socios

Axuntamos a nova ficha de socios para esta tempada 2017-18. Prestade atención ás novidades: importe da cota anual, domiciliación do pagamento, autorización para uso da imaxe de menores. IMPORTANTE: Pregamos entregar a ficha cuberta antes do 15 DE OUTUBRO para poder tramitar canto antes as licenzas dos atletas!!

Ficha de socios tempada 2017-18:

Todo atleta que queira ingresar no clube terá que aboar a cota indicada na ficha de inscrición.

O pago da cota da dereito a:

  • Adrestramento para tódolos membros da familia.
  • Ter un representante socio por familia.
  • Cesión en préstamo de chándal e roupa de correr.
  • Licenza deportiva galega e nacional (se é o caso) gratuita só ata a categoría promesa.
  • Beneficios en algúns desprazamentos a competicións que se determinen no clube.

O atleta terá a obriga de:

  • Participar nas carreiras federadas e da Xunta a que está anotado o clube.
  • Levar ós fillos/as as carreiras salvo casos puntuais na que o club organice o desprazamento.
  • Coidar a roupa que o club cede en préstamo, para poder cambiala por outra de maior talla cando se precise.
  • Colaborar en tódalas iniciativas que emprenda el club para recaudar fondos e nos eventos deportivos que organice o Clube.

 

EQUIPACION DEPORTIVA DA S.A. VALMIÑOR

  • A equipación deportiva comporase de pantalón, camiseta e chándal, e solicitaráse ós responsables de Vestiario e Equipación Nanda ou Pili. O funcionamento será na modalidade de préstamo, tendo que facer unha ÚNICA primeira entrega de 50 € por equipación. A roupa será renovada segundo os nenos e nenas vaian cambiando de talla, tendo que ser devolta a roupa pequena en bo estado. Esta equipación usarase exclusiva e obrigatoriamente para as competicións.

ENTRENAMENTOS E COMPETICIÓNS

  • Dependendo da categoría na que se ubique o atleta, determinaránse os días de adestramento e a súa localización, que serán informados polo Adestrador da Sociedade e a través dos grupos de WhatsApp ou na páxina web (atletismovalmiñor.com).
  • Os atletas seleccionados teñen a obriga de asistir ás competicións por equipos nas que participe a S. Atlética Val Miñor, salvo causas de forza maior, acreditadas ante a Xunta Directiva.

COLABORACIÓN EN EVENTOS ORGANIZADOS POLA S.ATLÉTICA VAL MIÑOR

  • A Colaboración de todos nas distintas actividades (Carreiras Populares, Arribada, etc) organizadas pola S. Atlética Val Miñor, son fundamentais para a supervivencia da mesma. Contamos con Vós!

 

AUTORIZACIÓN PARA A TOMA E PUBLICACIÓN DE IMAXES DE MENORES POLA SOCIEDAD ATLÉTICA VALMIÑOR

Coa inclusión das novas tecnoloxías dentro dos medios ao  alcance da sociedade  e a posibilidade de que neles poidan aparecer imáxes dos  vosos fillos/as durante a realización das actividades da Sociedad Atletica Valmiñor,  dado que o dereito a propia imaxe está recoñecido no  artículo 18. da Constitución e regulado po la Ley 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe e a Lei 15/1999, de 13 de Decembro, sobre a Protección de Datos de Carácter Persoal.

A directiva da Sociedad Atletica Valmiñor, pide o consentimiento aos pais ou titores legais para poder  publicar as imaxes  nas que aparezcan individualmente ou en grupo que se poidan realizar aos nenos e nenas, nas diferentes secuencias e actividades realizadas no Club e/ou fora do mesmo en  competicions ou encontros nos que participen.

A Sociedad Atletica Valmiñor comprométese a que a utilización destas imáxes en ningún caso supoña un dano á honra e intimidade do menor, nin será contraria aos intereses dos menores, respetando a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica do menor.

No caso que desexe que o seu fillo/a non apareza, agradecémoslle que no lo faga saber a través deste mesmo documento ou ben a través do mail na dirección savalminor@hotmail.com