III Cross Bernardo Almuiña

O 16 de marzo de 2014, a partir das 11.00 da mañán, a Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán organizan o III Cross   Bernardo Almuiña, no que homenaxearemos  á persoa que adicou gran parte da súa vida ó atletismo, primeiro como atleta e despois como adestrador; acadando grandes éxitos en ambas facetas. En recoñecemento ó tempo adicado, ós  seus logros, a profesionalidade  e especialmente a súa calidade humana; o clube organizará esta proba esperando contar coa vosa inestimable participación para facer deste cross un éxito.

Este ano, a carreira discorrerá polo Parque Forestal de Monteferro no Concello de Nigrán por un circuíto espectacular que non defraudará a ningún afeccionado ou deportista que queira achegarse a esta competición.

O prazo de inscrición remata cos primeiros 400 participantes  e nunca mais tarde do día 12 de marzo de 2014 as 20 h . A inscripción poderá facerse enviando un correo electrónico ao Club (savalminor@hotmail.com), en Athletics  Deportes (Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.) ou na Piscina Mancomunada do Val Miñor na Ramallosa - Nigrán (Serviocio), indicando  Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, teléfono de contacto e nome do clube no caso de non ser independente.  A inscripción para a carreira absoluta, terá un custe de 5 € que se fará efectivo no momento de recoller o dorsal.

Podes consultar os percorridos e o mapa da zona neste documento: Percorridos.

Haberá servizo de duchas no Pabellón de Deportes de Panxon-Nigrán e tamen se podera utilizar para cambiarse a sede da Comunidad de Montes de Monteferro.

Si queres coñecer o reglamento, distancias, inscrpcións e horarios, podes consultar o documento oficial Regulamento.

ORGANIZAN: Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellaría de Deportes de Nigrán.

COLABORAN:  Concello de Nigrán, Agua Sana, Larsa , Frutas Vilar, Publix, Coca Cola, Rosquillas Cristaleiro, Serviocio, Deputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galego, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, La Caixa, Athletics Deportes.