Achegamos información actualizada para a tempada 2020-21 sobre os seguros deportivos ós que poden ter dereito os atletas federados ou incluídos no programa Xogade (para rapac@s de 6 ata 16 anos). Tede en conta que a información máis actualizada estará sempre nas páxinas que indicamos a continuación, xa que as pólizas e compañías poden variar. Para esta tempada 2020-21 a compañía aseguradora da FGA é Mapfre (tel. 918 366 224), no caso de Xogade a compañía é AIG Europe (tel. 917 372 818).
En caso de accidente é mellor dirixirse á directiva do club para coñecer os pasos a seguir, no caso da FGA o club dispón de partes de accidentes que hai que entregar nun prazo de 7 días para ter dereito á cobertura. No caso de Xogade hai que ter a man o carnet, precisaremos o identificador do atleta e na parte posterior está o resumo de pasos a seguir.
NOTA: se non temos a man o carnet Xogade, o identificador do atleta son as iniciais seguido da data de nacemento. Por exemplo, para o nome Xoán García Pérez con data 01/02/2003 sería XGP010203
Outras probas (especialmente as carreiras populares) teñen os seus propios procedementos de seguro polo que hai que consultar coa organización en cada caso.
FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
- Páxina Seguro de accidentes da Federación Galega de Atletismo (FGA)
- Protocolo de Actuación en caso de Accidentes 2020
- Parte de Accidentes Federados 2020 (NOTA: Este parte ten que asinalo o club)
- Compañía: Mapfre, número póliza 055-1980282796.
- Teléfono comunicación de accidentes: 918 366 224
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE (PROGRAMA XOGADE 6-16 anos)
- Información Seguro Xogade
- Compañía: AIG Europe
- Teléfono Asistencia: 917 372 818
- Contacto (envío documentación): gestionxogade@canalsalud24.com ou a través da plataforma www.depor-xogade.com
- Protocolo de actuación xogade 2020-21
- Póliza de accidentes Xogade 2020-21 (pdf)