Achegamos información sobre os seguros deportivos ós que poden ter dereito os atletas federados ou incluídos no programa Xogade (para rapac@s de 6 ata 16 anos). Tede en conta que a información máis actualizada estará sempre nas páxinas que indicamos a continuación, xa que as pólizas e compañías poden variar cada tempada.
En caso de accidente é mellor dirixirse á directiva do club para coñecer os pasos a seguir, no caso da FGA o club dispón de partes de accidentes que hai que entregar nun prazo de 7 días para ter dereito á cobertura.
Outras probas (especialmente as carreiras populares) teñen os seus propios procedementos de seguro polo que hai que consultar coa organización en cada caso.
FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
- Información Seguro de accidentes da Federación Galega de Atletismo (FGA)
- Póliza de accidentes da FGA 2018-19 (pdf)
- Protocolo de actuación 2018-19
- Compañía: Allianz (teléfono 913 255 568)
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE (PROGRAMA XOGADE)
- Información Seguro Xogade
- Póliza de accidentes Xogade 2018-19 (pdf)
- Protocolo de actuación 2018-19
- Compañía: Mutua General de Catalunya