Información importante sobre o Coronavirus

10 Marzo, 2020 Posted by savalminor

Debido ó aumento en España de casos de infección por coronavirus Covid-19, as autoridades sanitarias fan un conxunto de recomendacións para evitar a propagación deste virus. Os adestradores informarán ós grupos das normas que se deberán seguir nas actividades do club. Entre outras, evitar tusir e espirrar preto doutras persoas, evitar contacto entre mans-ollos-nariz-boca, lavar as mans con frecuencia e manter separados os obxectos persoais (roupa, bebidas…).

Ademáis, a RFEA  e FGA están prantexando a posible suspensión temporal das competicións. En canto teñamos máis novidades se comunicarán polos grupos de mensaxería e páxinas web. Estade atentos!

Comments are closed.