Información Campamento Melgaço 2019

28 Agosto, 2019 Posted by savalminor

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPAMENTO DE PRETEMPORADA EN MELGAÇO

  • Lugar e hora de saída: O autobús saírá o xoves 29 as 15:30h do aparcadoiro da Policía Local xunto ó Campo das Cercas en Gondomar (donde adestramos). 
  • Lugar e hora de regreso: o mesmo lugar, o domingo 1 de setembro entre as 6 e 8 do serán a concretar segundo o programa de actividades que se faga ese día.
  • O importe se pagará no momento da saída (son 50 euros por atleta, o resto o cubre o club).
  • Os menores de idade entregarán a autorización no momento da saída a un responsable do club.
  • O primeiro día é recomendable levar algo de merenda para a tarde.
  • Os atletas terán que levar roupa deportiva para os 3 días (non é preciso levar o equipamento do club), toallas de aseo e para a piscina bañador(es), toalla e chanclas. Se tedes tenis de cravos para pista podedes levalos tamén.
  • O complexo dispón de pista de atletismo, piscinas e minigolf. A piscina cuberta non se poderá usar, pero hai piscina exterior e spa. As pistas non teñen sombra polo que será necesario levar protector solar e/ou gorra.
  • Tamén hai cafetería polo que os atletas poden levar algún diñeiro para refrescos, xeados, etc.
  • Non hai que levar roupa de cama nin saco de durmir. Cada atleta será responsable de facer a súa cama.
  • As comidas e ceas serán no albergue, para o que temos contratada unha empresa de catering. Axuntamos os menús diarios, se hai algún problema de intolerancia ou alerxia por favor facédeo saber para telo en conta. Hai cociña con microondas para quentar alimentos.
  • Os pais que desexen visitar o campamento algún día poden facelo, é posible xantar alí avisando previamente ós responsables do club.
  • Os atletas poden levar móbiles e outros aparellos baixo a súa responsabilidade e poderán usalos no tempo libre.
  • O albergue ten cuartos para 4/5 persoas con acceso mediante tarxeta codificada que deberán gardar os atletas, os responsables do club terán ademáis unha tarxeta maestra para acceso a calquera cuarto en caso de necesidade.

Se precisades algunha aclaración podedes poñervos en contacto coa directiva. Un saúdo,

S. A. Valmiñor

 

MENÚS

DIA 29

COMIDA

DIA 30

COMIDA

DIA 31

COMIDA

DIA 1

COMIDA

  1.- Empanadillas

2.- Lomo adobado con patatas fritas

Postre

1.- Croquetas

2.- Fideuá                                 

Postre

1.- Macarrones con atún

2.- Pizza

Postre

CENA

CENA

CENA

CENA

1.- Ensaladilla

2.- Ternera asada con puré

Postre

1.- Salpicón de pasta

2.-Milanesa de pollo con arroz

Postre

1.– Ensalada mixta

2.- Espaguetti boloñesa

Postre

 

DATOS DO ALBERGUE

MÁIS INFORMACIÓN

 

Comments are closed.