Horarios de adestramento 2019-2020

16 Setembro, 2019 Posted by savalminor

Horarios de adestramento 2019-2020

NOTA: Este ano estamos pendentes da finalización da nova pista de atletismo de Nigrán, por iso os adestramentos en pista todavía non están programados. No caso de non estar rematada para a temporada de pista iriamos á Universidade igual que en anos anteriores.

Os cambios puntuais nos horarios e lugar de adestramento comunicaránse mediante os grupos de mensaxería, para iso todos os socios deberán comunicar un número de teléfono móbil na ficha de inscrición ou directamente ós adestradores.

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS SUPERIORES (DE SUB14/INFANTIL A VETERÁNS):

  • Adestrador: Óscar Fernández Villar
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 17:45 a 19:15 h (Sub14/Infantil e Sub16/Cadete) e de 19:00 a 20:30 h (Maiores).
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar).
  • Algúns adestramentos faránse en pista ou na praia, neste caso se avisará oportunamente.
  • Tamén haberá adestramentos os fins de semana segundo criterio do adestrador.

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS INFERIORES (DE PREBENXAMÍN A SUB12/ALEVÍN):

  • Adestrador: Brais Gómez Vilar
  • Debido ó elevado número de asistentes nestas categorías, esta tempada haberá dous grupos de idades, 2009 a 11 (9,10,11 anos ó final da tempada) e 2012 a 14 (6,7,8 anos)
  • GRUPO 2009 a 2011: Martes, xoves e venres de 18:30 a 20:00 h
  • GRUPO 2012 a 2014: Martes e venres de 17:30 a 18:30 h
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar)

_______________________________________________________________________

Comments are closed.