Horarios adestramentos verán 2020

1 Xullo, 2020 Posted by savalminor

A continuación indicamos os horarios de adestramento para este verán. Os cambios puntuais nos horarios e lugar de adestramento comunicaránse mediante os grupos de mensaxería. A normativa de prevención para actividades deportivas federadas segue a ser a mesma, e o uso de mascarilla en principio non é obrigatorio excepto se hai concurrencia de moitas persoas no mesmo punto. Como hai certa indefinición neste aspecto, mellor atender ás indicacións dos adestradores en cada momento.  A continuación van os enlaces ás últimas resolucións da Consellería de Sanidade: 

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS SUPERIORES (SUB14 e maiores):

  • Adestrador: Óscar
  • Días e horas: Tódalas mañás de luns a venres ás 9:30-10:00h (orientativo). Este horario irá variando en función do lugar de adestramento e poderá cambiarse a horario de tarde.
  • Lugar: Os adestramentos rotarán entre Gondomar (Campo das Cercas), Nigrán (Campo de Praia América) e as pistas da Universidade de Vigo.
  • O adestrador informará cada semana dos lugares e horarios exactos de adestramento.

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS INFERIORES (ata SUB12):

  • Adestrador: Brais
  • Días e horas: martes, xoves e venres de 10:30 a 12:00h
  • Lugar: Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar)

_______________________________________________________________________

Comments are closed.