Gala Baiona co Deporte 2021

3 Outubro, 2021 Posted by savalminor

Este sábado 2 de outubro Baiona celebrou o Acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2020/21 no que se entregaron premios aos deportistas locais máis destacados “auténtico exemplo de superación e orgullo para os baioneses e baionesas” en palabras do alcalde Carlos Gómez. Un dos premios foi para Ainhoa Repáraz, que nesta ocasión non gañóu ningunha carreira pero sí o recoñecemento dos seus conveciños que tamén resulta agradable. Parabéns para ela!

Nesta celebración tamén se entregaron os premios das competicións locais como o Triatlón ou a Carreira Pedestre Popular entre outras, organizadas nesta ocasión de xeito individual e coordenadas a través da páxina baionacodeporte.gal. Quedámonos coas palabras do responsable de deportes Javier López (parabéns pola impecable e innovadora organización destes eventos), destacando que “nesta ocasión tiveron oportunidade de subir ao podio deportistas que normalmente non o lograrían” e “esta cita non tivo nada de virtual, porque todos os participantes fixeron os percorridos, só que puideron escoller a data e hora”. Pois iso, parabéns para @s premiad@s e benvidos a un novo xeito de facer deporte para tod@s!

Comments are closed.