CROSS DE FRIOL, XANEIRO 2015

29 Decembro, 2014 Posted by admin

PRESENZA DO VAL MIÑOR  EN FRIOL O PASADO 25 DE XANEIRO

O domingo 25 de xaneiro celebrouse en Friol, Lugo , o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO  de menores onde destacaron o noso pequeno, pero non menos importante, benxamín Héctor Portela . Como alevín representounos Sergio Souto, acadando a benmerecida segunda posición, despois de perder a primeira posición a escasos metros da meta.

Ese mesmo día tamén se disputou o CAMPIONATO GALEGO DE CADETES E XUVENÍS, DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E POR EQUIPOS. Acadando o primeiro posto por equipos os xuvenís masculinos cos integrantes Yeray Gómez en 4º posto, Marcos Rosende de 5º , José Villar de 6º e Víctor Souto, xunto con Daniel Rodríguez, Denís Mariño, Carlos Torres e Lorenzo González . Todo este gran esforzo permitiralles poder asistir o vindeiro  1 de marzo o campionato de España que se celebrará en Cáceres.

Tamén participaron nas súas respectivas categorías Elena Costas, Anxo Mariño, Laura Rodríguez e Laura Soto cun merecido 9 posto.

Así mesmo celebrouse o CAMPIONATO DE CROSS CORTO POR CLUBES, onde nos representaron os nosos atletas Marco Antonio Valverde, Carlos Álvarez, Fran  Martínez e Tony Domínguez. Todo un orgullo para o noso clube a súa representación que, a pesares das lesións de algúns deles, souberon apoiar ao equipo que integraban.

Parabéns a tog@s eles.

Na páxina do facebook fóronse publicando fotos que os acompañantes e familiares tomaron ese día-

 

 

en este enlace.

horario: reglamento

 

 

Comments are closed.