Deica logo, Elena

30 Outubro, 2018 Posted by javier

Para os que non o saibades Elena Costas remata etapa no noso club para iniciar unha nova no Celta Atletismo. Pero non lle dicimos adeus senón deica logo, porque sabemos que non vai moi lonxe e estaremos con ela en adestramentos, competicións ou onde o destino nos xunte de novo. Grazas de parte da directiva, adestradores e de todo o club polo teu compromiso e exemplo para os compañeir@s durante estes anos e desexámoste todos os éxitos do mundo nesta nova andaina deportiva e persoal.

Boa sorte,

Os teus compañeiros da S. A. Valmiñor

 

Queremos extender este recoñecemento a tódolos atletas que deixaron o club ó longo dos anos pero seguen levando un anaco con eles

Comments are closed.