Resultados 8 decembro 2018

O pasado sábado 8 foi a Invasión Celeste en Vigo, na que participaron algúns atletas do club (con podios incluídos). Parabéns para Gabriela, Irene, David (primeiros nas súas categorías), Juan Manuel (4º) e o resto de participantes, sen esquecer a Elena Costas (2ª) e José Villar (5º), que ata hai ben pouco todavía ían de verde!

Para esta semana temos unha cita importante o domingo 16, o Cros Escolar do Val Miñor en Ladeira (fase zonal de Xogade). E o sábado tamén hai o Trofeo Solidario do Celta en Vigo.


Diplomas Atapuerca 2018

Na páxina do Cross de Atapuerca xa están disponibles os diplomas para os que participástedes nesta edición do 2018. Só tedes que introducir o número do dorsal e a continuación gardar ou imprimir o diploma. Por se alguén non ten a man o dorsal, tamén está o enlace á lista de inscricións:


Resultados 24-25 novembro 2018

Este fin de semana houbo competicións en Viana do Castelo (non fomos polo mal tempo) e Comesaña-Vigo (Cros Belarmino) pero os nosos atletas tamén visitaron lugares máis afastados como Lugo (Cros Ponte Romana). No Belarmino o club obtivo un magnífico resultado con podios en moitas categorías. Parabéns para todos os que competiron en Sub18 (2º posto por equipos), Sub16 (Sergio 2º), Sub14 (Irene 4ª), Sub12 (Isis 4ª individual e 1º posto dos equipos masculino e feminino), e en Lugo Gabriela 2ª en Sub10. 

Aí vai o resumo de resultados:


XX Cros Escolar do Val Miñor en Baiona 2018

O domingo 16 de decembro temos o 20º Cros Escolar do Val Miñor en Sabarís (Baiona). Será a partir das 10:30h, coma sempre no circuíto do antigo campo de fútbol de Ladeira. As inscricións dos nosos atletas xa as tramita o club a través de XOGADE. Coma outros anos tamén poden inscribirse os centros educativos, ou individualmente no Servizo de Deportes do Concello de Baiona (tel: 986356558, deportes@baiona.org). O prazo permanecerá aberto ata o 12 de decembro. Máis información:

(máis…)


40º Memorial Belarmino Alonso 2018

O 25 de novembro celébrase o 40º Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo). Este Cros servirá como Fase Zonal do programa Xogade e esta edición non forma parte do calendario oficial da federación. As inscricións poderán efectuarse ata o xoves 22 de novembro ás 20h mediante correo electrónico a comesana@comesana.org ou na web laptime.es. Máis información:

(máis…)


Resumo resultados 11 novembro 2018

Este fin de semana do 11 de novembro houbo cita múltiple: XV Cross de Atapuerca, Vigo+11 e como sorpresa un atleta do club animóuse a participar na 54ª Edición da Behobia-San Sebastián. Aí van os enlaces ós diferentes resultados:


Resultados Atapuerca 2018

Aquí iremos poñendo os resultados oficiais, álbumes de fotos, noticias… mentres podedes seguir a retransmisión en directo (ou velo máis tarde):

(máis…)


Viaxe Atapuerca 2018

A nosa cita anual con Atapuerca comeza como sempre no aparcamento do Pavillón de Gondomar, donde tras os últimos preparativos e despedidas arranca o bus que nos levará ata o albergue. Nesta ocasión a choiva foi unha insistente compañeira durante boa parte de viaxe. Esperemos que o domingo pola mañá deixe unhas horas de tregua, porque xa sabemos que pola tarde nos estará esperando para acompañarnos de volta á “terra dos mil ríos”. 

Chegamos a Burgos sen novidade, cea e a descansar que mañá toca revisar o circuíto, adestrar e tamén algo de turismo. Este ano iremos a visitar Mina Esperanza, unha antiga mina de ferro en Olmos de Atapuerca que conta cun curioso museo subterráneo de minerais. (máis…)


XV Cros Internacional de Atapuerca – Burgos 2018

O domingo 11 de novembro de 2018 celébrase o XV Cross Internacional de Atapuerca no circuíto permanente do Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX). Próximamente engadiremos máis información. Mentres podedes botarlle un ollo ó vídeo promocional, que como sempre é moi chulo!

NOTA (22/10/18): Xa estamos organizando a viaxe. Pregamos que os interesados o comuniquen o antes posible (dentro desta semana). Grazas!

AVISO (26/10/18): Esgotadas as prazas para Atapuerca. Xa estamos anotando os corredores, revisade as listas para ver se hai erros (enlaces a continuación).

(5/11/18): Convocada unha reunión o martes 6 de novembro ás 18:15h para tratar os detalles da viaxe. Pregamos asistencia dos interesados. Publicado o listado provisional de inscritos, o prazo de reclamacións remata o martes 6 ás 24h.

(7/11/18): IMPORTANTE: Non esquezades cubrir a autorización para os menores que non vaian acompañados polos seus pais ou titores legais.

(8/11/18) Últimos avisos: A saída será ás 16:00h desde o aparcamento do Pavillón de Gondomar. Os prezos da viaxe son 20€ os nenos e 70€ os adultos. O pagamento será o mesmo día da saída. As comidas serán no único bar do lugar de hospedaxe, e por cada comida ou cea aboaránse 6,5€/persoa. Tamén haberá unha visita a Mina Esperanza (en Olmos de Atapuerca) que custa 6€. Non esquezades levar roupa de abrigo, toallas e para o almorzo taza e galletas ou cereais (o club leva leite e cacao para todos). Pregamos puntualidade. Grazas!

 

(máis…)


VI Trail Serra da Groba 2018

O sábado 3 de novembro celebróuse en Baiona o VI Trail Serra da Groba con 3 modalidades, Trail de 42 km, MiniTrail de 25 km e Trailiño de 12km. Na proba de 25km participóu Juan que conseguíu rematar o recorrido mália o mal tempo e peor orografía… ben por el! A continuación tedes os detalles do evento:

(máis…)