Convocatoria Asemblea Socios 2018

25 Setembro, 2018 Posted by javier

O Presidente da Sociedade Atlética Val Miñor, D. José Ángel Gónzalez Rocha, en virtude das atribucións que le confiren os Estatutos da mencionada Entidade Deportiva, convoca a tódolos socios de número da Sociedade Atlética Val Miñor, a Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o próximo venres día 05 de Outubro de 2018, as18:00 h. en primeira convocatoria e as18:30h. en segunda e última convocatoria, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar para tratar o seguinte orde do día:

  1. Saúdo do Presidente.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  3. Presentación das contas e aprobación do presuposto temporada 2018/2019.
  4. Nova cota para os socios.
  5. Eleccións nova directiva.
  6. Equipación deportiva
  7. Rogos e preguntas.

Dada a importancia dos puntos a tratar, esperamos contar coa presencia de todos vós.

Moitas grazas e un saúdo,

 

A Xunta Directiva da Sociedade Atlética Val Miñor

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA 2018

Comments are closed.